Solicitude para o estudo da vulnerabilidade fronte á COVID-19
27/05/20
Traballador/a especialmente sensible
O servizo sanitario do SPRL debe avaliar a presenza de persoal traballador especialmente sensible en relación á infección de coronavirus SARS- CoV-2, establecer a natureza de especial sensibilidade da persoa traballadora e emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección. Para iso, terá en conta a existencia ou inexistencia dunhas condicións que permitan realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde da persoa traballadora.
Coa evidencia científica dispoñible a data 18 de maio de 2020 (Información científica-técnica sobre a COVID-19, do Ministerio de Sanidade; ECDC; CDC), o Ministerio de Sanidade definiu como grupos vulnerables para COVID-19 as persoas con enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, enfermidade hepática crónica severa, obesidade mórbida (IMC>40), embarazo e maiores de 60 anos.
Documentos relacionados
- Solicitude para o estudo da vulnerabilidade fronte á COVID-19 (formato .odt)
- Solicitude para o estudo da vulnerabilidade fronte á COVID-19 (formato .pdf)