Creación
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais para os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia créase ao abeiro do Decreto 204/1997, de 24 de xullo. Ademais deben crear os seus propios servizos o Sergas (centros sanitarios) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (só para os centros docentes).
O servizo deberá estar en condicións de proporcionar á Xunta de Galicia o asesoramento e apoio en función dos tipos de riscos nela existentes (artigo 31.2 da lei 31/95 modificada pola lei 54/2003).
Servizo de Prevención Alleo
Tendo en conta a complexidade da Administración da Xunta de Galicia, polo amplo número de traballadores e traballadoras, a dispersión dos centros de traballo e a variedade na tipoloxía das actividades que nela se desenvolven, faise necesario contar con axuda externa para acometer a Prevención de Riscos Laborais, motivo polo cal se concerta esta prestación cun Servizo de Prevención Alleo.
- Servizo de Prevención de Riscos Laborais :
Edificios administrativos - San Caetano, s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 544 900 ; Fax: 981 544 935
Correo-e: prevencion.riscos.laborais@xunta.gal