Que é?
O sistema de avisos é un novo servizo do portal da Xunta que ten por obxectivo informalo das novidades que se xeran tanto no ámbito das alertas meteorolóxicas coma da publicación de axudas, bolsas e subvencións de calquera departamento do goberno galego. No futuro o noso propósito é ir incrementando o número de contidos que vostede poida recibir tanto por SMS coma por correo electrónico.
Como poido subscribirme?
O servizo é completamente gratuíto e bastará con que se dea de alta no servizo achegándonos o seu número de teléfono móbil ou a súa conta de correo electrónico. Pode, libremente, escoller senllos soportes ou só un deles. Para se daren de alta terá que realizar as seguintes operacións:
Como cancelo unha subscrición ou modificar os datos?
En calquera momento vostede pódese dar de baixa no servizo ou modificar os datos con que se dou de alta (coma cambiar o número de móbil ou da conta de correo electrónico). Para facelo deberá acceder á páxina de cancelación dunha subscrición , no primeiro caso, ou á de consulta ou modificación , no segundo.
De que máis opcións dispoño?
En función do tipo de contido ao que se subscriba vai ter máis opcións de escolla:
Cando vou recibir os avisos?
Os avisos vainos recibir cando o servizo 112 notifique unha alerta meteorolóxica (laranxa ou vermella) se vostede está subscrito a este tipo de avisos ou cando se publique unha nova axuda, bolsa ou subvención (das áreas temáticas que vostede escolleu) se preferiu recibir este tipo de notificacións. Neste último caso é posible que reciba nun mesmo SMS ou correo electrónico a notificación de varias axudas se ese día foron publicadas máis de 5 axudas co obxectivo de que non se multiplique o número de SMS ou correos que lle enviemos
Que información me van enviar?
A información que vai ir nun SMS vai diferir da que vai nun correo electrónico e vai ser diferente se se trata da notificación dunha alerta ou da publicación dunha axuda.