SISTEMA INTEGRADO DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA
Tipoloxía da información e modalidades de presentación
  • whatsapp
...

Tipos de información:

  1. Información xeral
  2. Información particular
  3. Acceso á información pública 

 

A. Información xeral 

A información xeral ten por obxecto ofrecer á cidadanía unha visión global, homoxénea e sistematizada da actividade do sector público autonómico integrado pola Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia e polas entidades instrumentais.

En concreto, comprenderá información sobre:

  1. A estrutura organizativa e o ámbito competencial, incluíndo o directorio dos órganos, servizos e unidades, así como os seus horarios.
  2. A guía de procedementos e servizos do sector público autonómico, a súa finalidade, lexislación aplicable, requisitos e documentación necesaria para a súa tramitación, así como o órgano responsable da súa xestión, indicando o enderezo, o teléfono e os demais medios de comunicación de que se dispoña.
  3. A tramitación electrónica dos procedementos, indicando a unidade responsable á que debe dirixirse a solicitude, os documentos necesarios para a súa tramitación, os prazos, a necesidade de aboamento de taxas, se for necesario, así como os modelos normalizados dispoñibles.
  4. As convocatorias de ofertas públicas de emprego do sector público autonómico e o seguimento do proceso.
  5. As subvencións e axudas que convoque a Comunidade autónoma de Galicia, nas cales se incluirán os datos básicos previstos nos respectivos procedementos e se destacarán visiblemente os prazos, os requisitos e os medios de información complementarios, así como a convocatoria e os modelos normalizados.
  6. Os pregos de condicións que rexen as contratacións do sector público autonómico.
  7. En xeral, calquera outro dato que a cidadanía teña dereito a coñecer na súa relación co sector público autonómico no seu conxunto ou con algún dos seus eidos de actuación e que non teña o carácter de información particular.

Esta información será proporcionada polo Sistema Único de Rexistro ou polo teléfono 012

Modalidades de presentación 

 

B. Información particular 

A información particular, que só poderá ser facilitada ás persoas que teñan a condición de interesadas ou ao seu representante legal, versa sobre o estado de tramitación ou contido dun procedemento administrativo.

Esta información será proporcionada polo correspondente órgano xestor.

Modalidades de presentación 

 

C. Acceso á información pública

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.

Así mesmo, considerarase información pública a producida polas entidades que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, nos termos previstos no artigo 4 da devandita Lei.

Para formular unha solicitude de acceso á información pública pode consultarse a información relacionada nesta páxina do portal de Transparencia e Goberno aberto.