Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Normas de presentación

CRITERIOS PARA A PUBLICACIÓN E ENVÍO DE ORIXINAIS A REXUGA  

Normas de presentación

O consello de redacción de REXUGA elaborou as seguintes normas de publicación e envío dos artigos co fin de unificar os estilos e criterios de edición da revista e facilitar o envío por parte dos seus colaboradores e colaboradoras:

  1. Os artigos ou recensións que se propoñan para a publicación no REXUGA deberán ser orixinais e non publicados ou propostos para tal fin noutra revista.
  2. Presentaranse en formato DIN A-4, interliñado 1,5, letra Times New Roman de 12 puntos, nunha soa cara e numeradas, non excedendo de 20 páxinas. En casos excepcionais, aceptaranse traballos de ata 40 páxinas, baixo o beneplácito do Consello de redacción. Deben ir acompañados en formatos recoñecibles polo procesador de texto Microsoft Word en calquera das súas versións para Windows. A lingua utilizada será o galego ou o castelán.
  3. Todos os artigos se publicarán en galego e castelán, polo que, no seu caso, serán debidamente traducidos a lingua que corresponda.
  4. Os traballos presentaranse precedidos dunha folla na que se indicará:
    • Título
    • Breve resumo do seu contido, en español, galego ou inglés.
    • Entre catro e oito palabras clave (keywords), en español, galego ou inglés.
    • Curriculum breve do autor o autores e os seus datos persoais: enderezo profesional, teléfono e e-mail.
  5. Na primeira páxina figurará o título do traballo, o máis especifico e breve posible, podendo completarse cun subtítulo de información complementaria. Baixo este, aparecerá o nome do/a autor/a ou autores/as, con indicación da súa profesión ou cargo co que desexen ser presentados/as. Deseguido, o sumario do artigo, coas distintas epígrafes da súa estrutura.
  6. Os epígrafes numeraranse só con caracteres romanos.
  7. As notas, cuxo uso non debe ser excesivo, deben ir numeradas correlativamente,con caracteres arábigos, colocadas ao final de cada páxina e facendo referencia aelas no texto con números superíndices.
  8. No caso de que se utilicen abreviaturas ou siglas incluirase a súa listaxe a continuación da bibliografía (cando se escriba por primeira vez un acrónimo ou sigla debe consignarse entre parénteses o seu significado completo).
  9. Referencias bibliográficas: a bibliografía deberá aparecer completa ao final do artigo, ordenada alfabeticamente e cronoloxicamente no caso de tratarse de varios traballos dun mesmo autor ou autora.
    • 9.1 As referencias bibliográficas para documentos impresos faranse de acordo coa normativa internacional, norma ISO 690:1987, do seguinte xeito: poranse en cursiva o nome das revistas e o título das monografías. A puntuación e a orde axustaranse aos modelos seguintes:
      • Monografías:
        Exemplo FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Juan José. Manual de notificaciones administrativas.Madrid: Cívitas, 2002.
      • Parte dunha monografía
        Exemplo: MUÑIZ. J. Tratamiento quirúrgico del ulcus gastroduodenal. En MORENO GONZÁLEZ, E. (dir.) Actualización en cirugía del aparato digestivo. Madrid: Jarpyo, vol. IV, p. 367-369.
      • Publicacións seriadas
        Exemplo: comunications equipment manufacturers. Manufacturing and Primary Industries División, Satatics Canada, Preliminary edition. Otawa: Statics Canada, 1971. Annual census of manufactures. Texto en ingles e francés. ISSN 0700-0758.
    • 9.2 No caso de ter que citar recursos electrónicos, deberase seguir a Norma internacional ISO 690- 2:1997.
  10. No caso de colaboracións á sección “Recensións”, a lonxitude máxima será a catro páxinas. As recensións deberán ter un contido crítico, máis que simplemente expositivo.
  11. O repertorio reserva o dereito de decidir sobre a publicación ou non dos orixinais remitidos e non se identifica necesariamente co contido dos traballos que se publiquen nel.
  12. Una vez aceptado o traballo, a REXUGA resérvase o dereito de modificar calquera elemento formal do traballo co fin de dar coherencia global á revista, adecuando o texto ás normas de presentación de orixinais.
  13. Poderase pedira ao autor/a ou autores/as unha corrección de imprenta, en cuxo caso deberán devolverse no prazo de 72 horas.
  14. Tanto para remitir os traballos como para resolver calquera dúbida relacionada coa aplicación destas normas pode poñerse en contacto con REXUGA no correo revista.asesoria.xuridica.xeral@xunta.es ou dirixirse por correo ordinario a:

Biblioteca da Asesoría Xurídica Xeral
Edificio San Caetano, nº 1
15704 Santiago de Compostela