VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
Biografía do vicepresidente e conselleiro

Biografía do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo
Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

  • Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta
  • Ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia
  • É presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra
  • Foi conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde abril de 2009 e vicepresidente desde 2012.
Ligazóns relacionadas