VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Biografía do vicepresidente e conselleiro

Biografía do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López

Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades:

  • Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman
  • Secretario do Instituto de Estudos Europeos
  • Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004
  • Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005
  • Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009
  • Foi asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012
  • Foi conselleiro de Economía, Emprego e Industria desde 2012.