abalarMóbil
Unha nova ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.
Mobem
Aplicación dirixida a demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Permite á persoa usuaria renovar a demanda de emprego, consultar as súas citas de orientación laboral, as próximas datas de renovación de demanda e as ofertas nas que é candidata.
Turismo de Galicia
Desexas viaxar a Galicia? En Turismo de Galicia deseñamos unha nova app para facer máis cómodas as túas visitas a calquera das catro provincias galegas. Desde ela, poderás coñecer os puntos de interese turístico galegos así como localizar aqueles que se atopan preto de ti.
Está pensado para que sexa o voso asistente persoal antes, durante e despois de cada viaxe.
Desde ela atoparás casas de turismo rural, hoteis, pensións, apartamentos, cámpings, restaurantes, patrimonio cultural, arqueoloxía, museos, festas, artesanía, información turística etc. Un amplo abanico de posibilidades para que explorar Galicia resúlteche máis cómodo.
Camino de Santiago
Nace como parte do proxecto Smart Camiño co fin de acompañarte na túa viaxe e ser a túa guía de peto; é unha aplicación móbil pioneira, que ten a grande aspiración de situarse como líder no seu segmento.
Achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.
Disporás, en tempo real, de toda a información que necesites en cada momento: trazados oficiais das rutas, rede oficial de albergues, información de eventos e moito máis...
Listaxe completa de Apps