Inclusión nas listas

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral. Nel, establécese o procedemento de inscrición nas listas, o baremo aplicable, o procedemento para efectuar os chamamentos etc.

As solicitudes de inclusión presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

O prazo de presentación de solicitudes establecido para as listas que se atopan en xestión é do 1 de marzo ao 30 de abril de cada ano. 

Pode consultar as listas abertas nesta ligazón.

Pode consultar máis información sobre a inclusión no apartado de preguntas frecuentes.

Acceso á presentación electrónica:

ver máis   Antes de acceder comprobe os requisitos técnicos

Consulte horarios. Debido a diferentes tarefas técnicas de mantemento, pode haber momentos da noite nos que o sistema de taxas ou as entidades bancarias poden non estar dispoñibles para realizar o pagamento.

 

Solicitude normalizada presencial

Unicamente para a presentación presencial de solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Contactos relacionados

Dúbidas de xestión

Teléfono:

012 (981 900 643)

Correo-e:

012@xunta.gal

Horario:

de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas

Consultas técnicas

- Contacte co seu CAU de referencia

- Se non pertence á Xunta de Galicia contacte mediante este formulario