Expediente administrativo

Acceso á consulta dos datos almacenados de forma electrónica no expediente persoal.

Preguntas máis frecuentes

Preguntas xerais

Acceda a https://fides.xunta.gal

Pode entrar en Fides de distintos xeitos, dependendo de se está dentro da rede de traballo da Xunta ou fóra dela.

Desde dentro da rede pode facelo: 

  • Mediante un certificado dixital
  • Co seu usuario e clave 

Desde fóra da rede:

  • Mediante un certificado dixital
  • Con Chave365

 

Consulte a axuda específica, póñase en contacto co servizo do 012 ou chame ao seu CAU de referencia se é empregado/a público/a. 

Atenda ás instrucións específicas establecidas en cada convocatoria.

  1. Recompile a documentación acreditativa dos requisitos e dos méritos que posúe. 
    • Consulte atentamente a convocatoria e baremos que aplican en cada proceso para a súa categoría profesional.
  2. Introduza os datos de cada mérito no formulario de introdución de méritos nos diferentes apartados do expediente. 
    • Comprobe os seus datos persoais
      • Lembre que debe introducir formas de contacto actualizadas nas que pode recibir comunicacións relacionadas cos procesos ou datos do seu expediente 
        • Para listas de contratación persoal é particularmente importante que cubra o seu teléfono móbil 
      • Introduza unha conta bancaria para que se lle poidan devolver as taxas no caso de ser excluído/a dalgún proceso. Se non achega este dato non se poderá facer o ingreso da devolución. 
  3. Pode presentar electronicamente un a un os méritos ou facer unha actualización conxunta.
    • Se dispón de documentación que non ten a súa correspondente copia auténtica electrónica, debe igualmente xerar unha solicitude de actualización de méritos e achegala a calquera dos referidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Considere que non se aceptarán actualizacións de méritos que non se acompañen da correspondente solicitude de actualización xerada desde Fides.
  4. Unha vez remitida a súa documentación, comezará a ser validada segundo a orde de prioridade dos procesos convocados.
  5. Consulte no seu Expediente o estado para cada un dos méritos tratados polo equipo de validación.

O expediente estará aberto de forma permanente, non obstante, a validación dos méritos correspondentes farase de forma ordenada priorizando aqueles procesos con convocatorias de actualización abertas nos prazos correspondentes. Por favor, siga as instrucións de cada convocatoria para acreditar os seus méritos

O servizo de actualización de datos é o encargado de actualizar e validar os méritos introducidos no expediente. Encárganse da recepción e comprobación da documentación dos/as profesionais para validala. 

Os méritos non rexistrados e os non validados por non ter achegado a documentación acreditativa en prazo non serán computados para os procesos correspondentes.

Atopará unha explicación do significado de cada mérito no  anexo II da Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.

a) Pendente de presentar ou tramitar P-Pendente de presentar ou tramitar. Información introducida no expediente electrónico pola persoa interesada ou pola persoa usuaria que está pendente de acreditar documentalmente mediante a presentación da solicitude de actualización do mérito xunto coa documentación acreditativa, ou que foi acreditada nun rexistro presencial e está pendente de tramitar.
b) En trámite ET-En trámite. Información incluída no expediente electrónico pola persoa interesada ou pola persoa usuaria, que está pendente de tramitar.
c) Validada V-Validada. Indica que a información rexistrada no expediente electrónico foi sometida ao proceso de validación, co resultado de comprobada e correcta, ou ben que procede dos propios sistemas de información do organismo. Este estado implica que a información rexistrada figura acreditada documentalmente e, polo tanto, existe unha coincidencia entre a información electrónica e a documental, logo da súa verificación polo persoal validador.
d) Duplicada

DPL-Duplicada. Indica que a información ou mérito rexistrado coincide con outro elemento idéntico xa incluído previamente no expediente electrónico, calquera que sexa o estado no cal se encontre este último.

A información que figure neste estado non será valorada en ningún dos procesos formalizados pola Administración.

e) Acreditación documental incompleta

DI-Acreditación documental incompleta. Información rexistrada no expediente profesional que non pode ser validada, por non resultar suficiente a documentación achegada pola persoa interesada para acreditar a totalidade dos elementos do mérito rexistrado, o que se advertirá coa especificación da causa no correspondente campo do expediente.

A información manterase neste estado mentres a persoa interesada non presente a totalidade da documentación necesaria para unha acreditación veraz e completa do mérito rexistrado no expediente electrónico, e aquela sexa revisada polo persoal validador.

A información que figure neste estado non será valorada en ningún dos procesos formalizados pola Administración.

f) Descartada

DE-Descartada. Información rexistrada no expediente electrónico que non pode ser validada ao non se corresponder, nun ou varios elementos, cos datos que constan na documentación achegada pola persoa interesada para a súa acreditación e validación.

A información que se encontre neste estado non resultará computable para ningún dos procesos formalizados pola Administración autonómica.

g) Non catalogada

Información rexistrada no expediente electrónico que, despois de ser sometida ao correspondente proceso de catalogación, non é susceptible de ser clasificada dentro do expediente por non constar como un atributo definido dentro do currículo profesional.

A información que figure neste estado non será avaliable en ningún dos procesos formalizados pola Administración.

Datos persoais

A conta bancaria que indique será a utilizada no caso de devolución de taxas nos procesos que impliquen o pago dunha taxa, no caso de ter dereito a unha devolución. 

Os datos persoais identificadores empregaranse para cubrir os seus datos en todos os procesos nos que se inscriba. No momento de facer a inscrición solicitaráselle que os revise para comprobar que son correctos e están actualizados. 

Os datos persoais empregaranse para contactar con vostede en caso necesario para realizar comunicacións ou avisos asociados a cada proceso. 

Na pestana "Edición" poderá cambiar os erros que identifique. 

Pode cambiar todos os seus datos agás o seu DNI, nome e apelidos. Se é un/unha profesional, póñase en contacto co seu Servizo de persoal para que actualice os datos mediante a correspondiente comprobación. 

Preguntas xerais

Pode presentar nova documentación de forma presencial incluíndo o mérito correspondente, na Solicitude de actualización conxunta. Lembre que cando vaia a realizar unha presentación presencial no rexistro sempre debe acompañar o documento en papel coa solicitude de actualización no rexistro presencial. 

Formación » Formación académica

Declare o maior nivel de estudos que posúa. Por exemplo, se ten un título universitario non é preciso que declare outros niveis anteriores (nivel de estudios primarios, bacharelato); se ten un título de bacharelato, non é necesario que declare os estudos primarios.

Se posúe distintas titulacións específicas requiridas para diferentes procesos declare cada unha de elas. 

Estudos non universitarios

  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria
  • FP básica
  • Ensinanzas artísticas de grao elemental
  • Ensinanzas deportivas de grao medio
  • Formación Profesional de 1º grao
  • Formación Profesional de grao medio
  • Ensinos deportivos de grao superior
  • Formación Profesional de 2º grao
  • Bacharelato elemental
  • Formación Profesional de grao superior
  • Ensinanzas artísticas profesionais de grao medio
  • Bacharelato
  • Bacharelato superior
  • Ensinanzas artísticas de grao superior
  • Ensinanzas artísticas profesionais
  • Outras ensinanzas artísticas (ensinanzas artísticas da Lei xeral de Educación sen correspondencia con niveis de Formación Profesional): diploma de Instrumentista, profesor, profesor superior, diploma, graduado en Artes Aplicadas, restaurador...

Estudos universitarios

Atopará estudos Pre-Boloña e do Plan Boloña (Espazo Europeo de Educación Superior)

  • Universitaria de grao medio/equivalente
  • Universitaria superior
  • Universitaria doutoramento
  • Estudos EEES – Doutoramento
  • Estudos EEES – Dobre máster
  • Estudos EEES – Máster
  • Estudos EEES – Grao
  • Estudos EEES – Dobre grao
  • Estudos EEES – Grao aberto
 

 

Este bloque non está aínda aberto, abrirase proximamente. 

A titulación académica actualízase no apartado de Formación/Formación académica. Para a súa actualización seleccione o seu título, xa sexa universitario ou non universitario. 

Se non se opón á consulta comprobarase automaticamente a súa titulación empregando os servizos de consulta de datos -cos datos ofrecidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (consulta do rexistro de títulos non universitarios) e para os estudos universitarios o rexistro de títulos universitarios oficiais do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades-.

No caso  de opoñerse á consulta debe indicar o motivo e achegar un documento válido que acredite suficientemente a súa titulación. 

Titulacións non universitarias

Poderanse comprobar os títulos que consten no rexistro de títulos non universitarios.

Os servizos de consulta poden comprobar automaticamente as titulacións non universitarias que estean no Rexistro nacional de títulos non universitarios que inclúe títulos expedidos con posterioridade a 1991. 

Non están incluídos neste rexistro:

  • Certificados de profesionalidade
  • Superación de probas de acceso á universidade
  • Superación das probas de acceso á Formación Profesional
  • Certificado de superación do Curso de Orientación Universitaria (COU)
  • Outros tipos de certificados que non conduzan a estudos oficiais
  • Bacharelato elemental (Plan 1957). A competencia para a expedición destes títulos corresponde ao director ou directora do centro docente (actuais Institutos de Educación Secundaria) onde se finalizaron os estudos.
  • Bacharelato superior (Plan 1957). A competencia para a expedición destes títulos corresponde ao reitor ou reitora da universidade á que estivese adscrito o centro docente onde se finalizaron os estudos.
  • Equivalencias

Nestes casos deberá achegar a documentación acreditativa correspondente xuntando os documentos específicos do seu título ou estudo. 

Titulacións universitarias
  • Os servizos de consulta poden comprobar automaticamente as titulacións universitarias do rexistro de títulos universitarios 
  • Non se poden comprobar automaticamente equivalencias ou convalidacións de estudos

Se vostede ten un dobre grao consúlteo co seu nome correspondente (non inclúa cada un dos graos).

As especialidades e estudos de posgrao, como a suficiencia investigadora ou a tese doutoral (plans Pre-Boloña), teñen que consignarse dentro da mesma titulación académica. Para isto ten que premer sobre a icona con forma de ollo á beira da titulación. Non se cargarán por separado como un mérito independente.

Os estudos de doutoramento do plan Boloña (Espazo Europeo de Educación Superior) poden introducirse como un nivel específico. 

Os procesos de homologación de títulos de ensino superior estranxeiros a títulos universitarios oficiais españois ou másteres que dean acceso a unha profesión regulada en España, con carácter xeral, son competencia do ministerio con competencia en universidades e pode obterse información nesta ligazón

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse, ademais da correspondente tradución xurada, o documento que acreditede de maneira fidedigna a súa homologación ou recoñecemento polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Deben introducirse no apartado da formación continuada/máster, do mesmo xeito que se introduce o resto de cursos da formación continuada recibida.

Formación » Formación continua (cursos)

Para introducir un curso de formación continuada deberanse cubrir os campos obrigatorios coas horas ou créditos e as datas de inicio e fin.

A continuación prema sobre “Buscar” para tratar de comprobar se xa existe o mesmo curso na base de datos do sistema. Se existe coincidencia, elixa o mesmo curso que o seu de entre os que figuran na lista. De non ser así, seleccione “Non catalogado – propoñer novo” e a continuación introduza manualmente todos os datos relativos ao curso: título, entidade acreditadora do curso...

No apartado de documentación acreditativa achegarase o orixinal ou unha copia auténtica do diploma/certificado.

Para este certificado é indispensable que consten: os datos do/a interesado/a, a entidade acreditadora da actividade ou as entidades que convocaron/impartiron o curso, os/as destinatarios/as do mesmo ou o programa da actividade formativa, as datas, os créditos e/ou horas de duración. 

Os diplomas/certificados que non estean en castelán ou nun dos idiomas cooficiais do Estado deberan achegar tradución xurada.

Introduza neste apartado unicamente cursos que teñan un número de horas impartidas ou equivalentes (cursos de autoformación).

Non debe introducir a súa formación académica, que deberá estar no apartado de formación académica (este apartado non está aberto aínda).

As xornadas, talleres e seminarios non serán considerados cursos de formación, non se baremarán en ningún proceso.

Os másteres pre-Bolonia son considerados formación continua.

Os cursos de idiomas deben introducirse nos apartado Idiomas > Cursos de idiomas.

Os certificados que obtivese pola realización dun curso de idiomas e que teñan un nivel recoñecido debe introducilos nos apartado Idiomas > Nivel de idiomas.

Para os cursos de galego que permiten obter un Celga ou equivalente pode introducir o curso coas súas horas e, ademais, nos apartado Idiomas > Gallego tense dereito a obter unha validación ou certificación correspondente.

Se do que dispón é dunha validación dun nivel Celga debe introducir o certificado correspondente en Idiomas > Gallego.

Debe introducir nos campos de inicio e fin a data de expedición que figure no diploma ou certificado. 

  • Se as datas figuran por meses ou anos, consignará como data de inicio o primeiro día do mes/ano e como data de fin o último día natural do devandito mes/ano.
  • Se figura o curso académico sinale o 01/09 do ano de inicio e o 30/06 do ano de fin.
  • Se non figuran as datas de celebración do curso pero si a data de emisión introduza esta data de inicio e fin.

Pode consultar a listaxe completa de organismos. Pode que non atope o nome concreto do organismo pero si un que se aproxime. 

Por exemplo: “Consellería do Medio Rural”. Atopará un grupo de organismos "Consellerías".

Para os cursos realizados especificamente pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade baremables en determinados procesos, escolla esta como organismo. 

O devandito curso non está recollido en ningún dos baremos.

Se posúe un certificado no que consten horas pode introducilo como un curso de formación; en caso contrario descartarase o mérito.

  • Se observa erros nos cursos da Escola Galega de Administración Pública póñase en contacto con xestion.egap@xunta.gal achegando o documento do título.
  • Se xa dispoñía deste curso e o podía visualizar en Portax pero agora non o ve en Fides, póñase en contacto co Servizo de actualización de datos no correo actualizacion-datos.dxfp@xunta.gal indicando o seu DNI e os datos identificativos do curso que non visualiza (título, edición, horas...).

Considere que as validacións de datos e correccións correspondentes faranse por orde de prioridade en función dos procesos en curso dentro dos prazos establecidos nas convocatorias correspondentes.

Experiencia profesional

Considérase experiencia interna os servizos que prestara na Administración xeral da Xunta de Galicia e entidades dela dependentes baixo o ámbito da Dirección Xeral da Función Pública. 

Non se considerarán, por tanto, como servizos internos os prestados noutros ámbitos como a Administración de xustiza de Galicia ou os prestados no Servizo Galego de Saúde, que terán que ser declarados como experiencia externa.

Así mesmo, os servizos prestados en organismos nos que prestara servizos e non estiveran integrados no momento no que os prestou, por exemplo: servizos prestados no Consello Económico e Social, no antigo Cixtec ou na Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos. Nos procesos nos que aplique esta experiencia será considerada como equivalente a servizos internos.   

A experiencia interna virá validada de oficio e Fides amosará a información da que dispón e provén directamente dos sistemas de información de recursos humanos.

A experiencia externa histórica que estivera validada no seu expediente tamén se amosará. 

A información da súa experiencia que non estivera no sistema de recursos humanos deberá ser introducida pola persoa interesada. 

Non se considerará experiencia a prestada en empresas ou organismos privados. 

Considere que as correccións e modificacións de datos faranse atendendo á prioridade na xestión dos procesos, atendendo a convocatorias concretas. 

Os centros nos que pode declarar servizos prestados organízanse en organismos ou entidades asociadas a ámbitos. 

Atopará os seguintes ámbitos: 

  • Administración de xustiza
  • Administración sanitaria
  • Docencia non universitaria
  • Entes institucionais
  • Sector público autonómico
  • Sector público estatal
  • Sector público local galego
  • Sector público local (outros)
  • Universidades públicas
  • Unión Europea

Os organismos/entidades de cada ámbito:

  • Administración de xustiza: amosará como organismo-entidade cada unha das comunidades autónomas nas que presta servizos
  • Administración sanitaria: atopará todos os servizos públicos de saúde das distintas comunidades autónomas, así como o organismo Institución Sanitaria Pública
  • Docencia non universitaria: amosará como entidade-organismo cada unha das comunidades autónomas
    • Busque a comunidade autónoma na que prestou servizos para ver os centros asociados. Por exemplo: “Docencia non universitaria Galicia”
  • Entes institucionais: inclúe entes como o Parlamento de Galicia e outros entes institucionais 
  • Sector público autonómico: inclúe como entidade-organismo sectores públicos de cada comunidade autónoma
    • Busque a comunidade autónoma na que prestou servizos para ver os centros asociados. Por exemplo: “Galicia”
  • Sector público estatal: inclúe os ministerios e outros entes e organismos e da Administración xeral do Estado 
    • Busque “Ministerios”  ou “outros organismos da AGE” para ver os centros asociados
  • Sector público local galego: agrupa os organismos por provincias galegas se aplica; inclúe concellos, mancomunidades e deputacións
  • Sector público local (outros): agrupa organismos locais (concellos, mancomunidades e deputacións) doutras comunidades autónomas tamén por provincia
  • Universidades públicas: inclúe como organismos todas as universidades do territorio español
  • Unión Europea: inclúe os países da Unión Europea e as institucións da Unión Europea

 

Son períodos de tempo nos que non estivo en situación de servizo activo e que pode declarar como experiencia que sexa baremada nalgúns procesos.

Para persoal laboral, excedencias e excedencias forzosas.

Para persoal funcionario, excedencias e servizos especiais.

Actividade docente » Formación impartida

Neste apartado introduza os cursos nos que participase como docente ou relator/a. O catálogo de cursos entre os que pode buscar son os mesmos que atopa en Formación continua recibida.

Os cursos que impartise na EGAP cargaranse automaticamente.  

Idiomas

Atopará distintos subapartados para introducir os seus méritos: 

  • Galego: incluír o seu coñecemento - certificado de galego 
  • Idiomas: cursos de formación continua relativa a idiomas 
  • Certificados de idioma: coñecementos certificados de idiomas segundo os sistemas MCER (agás galego)

Galego

Neste bloque pode achegar o seu nivel de coñecemento do galego mediante un certificado Celga ou equivalente.

A efectos de acreditación do galego considéranse equivalentes:

  • Validacións de coñecemento de galego
  • Niveis MCER de galego e equivalencias:
    • Celga 1 - A2
    • Celga 2 - B1
    • Celga 3 - B2
    • Celga 4 - C1
    • Celga 5 - C2
  • Curso de linguaxe administrativa e xurídica
  • Certificacións de aptitude de iniciación e perfeccionamento

Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Idiomas 

Permite incluír como mérito o nivel de coñecemento dalgún dos idiomas e niveis recoñecidos para o Marco Común Europeo de Referencia das linguas mediante un dos certificados admitidos para a acreditación do seu coñecemento. 

Curso de idiomas

Inclúe cursos de idiomas (con horas) que realizara noutros organismos (agás os da EGAP, que os verá xunto coa súa formación continua). 

Solicitude de actualización

A presentación de documentación será preferentemente electrónica (de acordo coa Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais).

Se a documentación orixinal é unha copia auténtica e ten un formato papel achegarase en calquera rexistro dun órgano administrativo, ou mediante calquera dos procedementos indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A acreditación realizarase mediante a achega dos orixinais ou copias compulsadas dos méritos. Debe acompañar a relación de todos os méritos que vostede vai achegar descritos na “Solicitude de actualización", que poderá xerar no apartado do mesmo nome. 

Segundo o artigo 27.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

"Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que for o seu soporte, polos órganos competentes das administracións públicas nas cales quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido".

"As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais".

Pode que vostede teña un recibo dunha copia auténtica de documentos que foran emitidos directamente en formato dixital por organismos públicos que sexan unha impresión dunha copia electrónica auténtica.

Neste caso disporá dun recibo que inclúe un código de verificación. Pode utilizar ese código para descargar o documento electrónico.

Disporá dun código e dun enderezo para descargalo. 

Por favor, se é o caso, vaia ao enderezo indicado e descargue o documento para a súa incorporación directa dentro de Fides como documento adxunto no mérito que quere acreditar.

Lembre que, de entregar unha impresión dun documento dixital que sexa copia auténtica, o mérito marcarase co estado “Documentación Incompleta”.

Achegue a copia auténtica que descargou para que o mérito poida ser validado.

Máis información sobre copias auténticas nesta páxina.  

Consulte o enderezo que consta no recibo da copia auténtica e introduza o código de verificación. Descargue o documento no seu equipo e xúnteo no apartado “Documentos”.

Lembre que pode presentar un a un os documentos ou facer unha presentación conxunta no apartado "Solicitude de actualización". 

A documentación necesaria para acreditar cada un dos méritos que introduza no expediente determínase nas resolucións das convocatorias de cada proceso.

Os méritos poden estar xa acreditados automaticamente no sistema ou ben ser de nova incorporación polos/as interesados/as.

Os méritos dos que xa dispón o sistema, visibles para aspirantes e profesionais e que, polo tanto, non é preciso volver acreditar, son:

  • Servizos prestados no ámbito da Función Pública da Xunta de Galicia
  • Cursos recibidos e impartidos na Escola Galega de Administración Pública
  • Cursos recibidos e impartidos na Axencia Galega de Coñecemento en Saúde 
  • Os méritos achegados en anteriores procesos que xa foran validados e visualice no apartado correspondente como "Validado" tampouco precisarán de acreditación

Todos os méritos de nova incorporación introducidos polos/as interesados/as deberán acreditarse documentalmente. Estes non se baremarán mentres non sexan correctamente acreditados polo/a interesado/a e validados polo persoal específico autorizado e nomeado para esta tarefa.

Se a documentación figurase nun idioma distinto dos idiomas oficiais e cooficiais do Estado español terá que achegar tamén a súa tradución xurada.

A resolución da convocatoria de cada proceso indicará tamén a data límite para completar os datos e acreditar os requisitos de participación e os méritos das persoas aspirantes/profesionais.

Revisión e validación de méritos

Un mérito "Pendente de presentar ou tramitar" ou "En trámite" aínda non foi revisado polo equipo de validación. 

Trala revisión da documentación asignarase un estado a cada mérito, en función do achegado para acreditalo. 

Certos estados, como o "DI" (Documentación Incompleta), requiren da emenda por parte dos/as interesados/as, achegando nova documentación. Para consultar o motivo, debe premer na icona con forma de ollo situada á beira do estado correspondente. Nas observacións indícaselle a forma para poder emendalo, de ser o caso.

Outros estados como o "NC" (Non Catalogable) indican que o mérito, polas súas características, non ten encaixe no catálogo interno do apartado no que se encontra recollido. Non require subsanación. Tampouco recibe puntuación nos baremos.

O estado "V" (Validado) indica que o mérito foi acreditado correctamente. Teña en conta que non todo mérito validado recibirá puntuación tras a baremación, posto que a puntuación dun mérito depende directamente do baremo publicado que se aplica á categoría.

Este estado indica que o equipo de validación considera que a documentación achegada para acreditar o mérito non é suficiente para validalo. Este estado permitiralle asociar documentación complementaria.

Se achegou unha copia, escaneado dun documento orixinal que non sexa copia auténtica, este estado permitiralle achegar a copia auténtica.

Se achegou copia simple do documento acreditativo poderá xerar a solicitude de actualización de méritos que inclúa ese mérito e ir co orixinal en papel para entregalo nun rexistro presencial.

Axuda

  • Se observa incoherencias ou erros na súa experiencia interna:
    • Nos prazos de actualización de méritos dos distintos procesos nos que participe habilitaranse canles específicas para a súa corrección, lea atentamente a convocatoria correspondente.
  • Se observa erros ou incoherencias na experiencia externa validada:
    • Se ten dúbidas sobre o significado de outros estados dos méritos e que pode facer en cada caso consulte o apartado de preguntas xerais.
    • Nos prazos de actualización de méritos dos distintos procesos nos que participe habilitaranse canles específicas para a súa corrección. Lea atentamente a convocatoria correspondente.

Considere que as validacións de datos e correccións correspondentes faranse por orde de prioridade en función dos procesos en curso dentro dos prazos establecidos nas convocatorias correspondentes.

Dispón de axuda xeral e específica para cada proceso nas páxinas de acceso. Comprobe os requisitos técnicos antes de iniciar o proceso.

Consulte a axuda específica de cada pantalla e o manual de actualización de méritos para máis información. 

Ante calquera problema técnico póñase en contacto co 012 se é aspirante ou co seu CAU de referencia se é profesional.

Lembre que para notificar erros nos datos validados dispón de canles específicas para a súa comunicación.