Elección de destino

Acceso

Para acceder á aplicación debe empregar o seu NIF e a chave que lle será enviada por correo electrónico desde a Dirección Xeral de Función Pública.

Selección e organización de preferencias

  • Seleccione a opción que desexe e prema no botón "Actualizar" para comezar a indicar a súa preferencia de elección. 
  • Ordene as prazas seguindo a súa preferencia, colocando primeiro as de maior preferencia.
  • A súa preferencia de elección será a que teña almacenada o último día na hora de peche do prazo de elección. 
  • Cada cambio que faga quedará gravado na aplicación. Se sae e entra de novo, o sistema mostraralle a última información introducida.
  • En calquera momento poderá imprimir un documento coa súa elección.
    • Se non desexa que se lle adxudique unha praza debe eliminala da listaxe. Prema no botón da papeleira que atopará nesa praza para eliminala do proceso de adxudicación. 
      • Pode volver a incluír a praza premendo no botón de reciclaxe. 

      Se no proceso de adxudicación non se lle adxudicou algunha das prazas que seleccionou, quedará en excedencia no corpo ou categoría do proceso selectivo.

    • Se solicita a renuncia ou queda en excedencia no corpo ou categoría que superou deberá indicalo na aplicación.
      • Adicionalmente será obrigatorio presentar electronicamente mediante o procedemento PR004A unha solicitude. Indique de modo claro que desexa renunciar ao proceso selectivo ou ben que desexa quedar en situación de excedencia no corpo ou categoría que lle corresponda. 
    • No caso de que desexe presentar a excedencia condicional, deberá indicalo na aplicación.
      • Adicionalmente será obrigatorio presentar electronicamente mediante o procedemento PR004A unha solicitude na que se indique que desexa solicitar a excedencia no caso de que non lle corresponda algunha das prazas indicadas. Deberá indicar o corpo ou categoría na que solicita a excedencia condicional e as prazas que desexa que se lle adxudiquen e que, de non ser posible, solicita quedar en situación de excedencia. A ligazón para xerar esta solicitude atópase na sede da Xunta de Galicia.

 

Contactos relacionados

Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH

Teléfono:

881 999 883 (Ibercom 99883)