PROCEDEMENTOS APLICABLES AO PERSOAL FUNCIONARIO E/OU LABORAL

Situacións administrativas do persoal funcionario

As persoas funcionarias poden estar nalgunha das seguintes situacións:

  • Servizo activo.
  • Servizos especiais.
  • Servizos noutras administracións públicas.
  • Excedencia voluntaria.
  • Excedencia forzosa.
  • Suspensión de funcións.
  • Expectativa de destino.
  • Excedencia forzosa aplicable a funcionarias e funcionarios en expectativa de destino.
  • Excedencia voluntaria incentivada.
  • Excedencia por razón de violencia sobre a muller funcionaria.

Lexislación aplicable

Título VIII da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.