DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal

A Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal terá encomendado o exercicio das seguintes funcións:

  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal, a Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
  • A elaboración e tramitación das convocatorias dos concursos ordinarios de traslados dos distintos corpos, escalas e categorías.
  • A fixación dos criterios para a elaboración das convocatorias dos concursos específicos por parte das persoas titulares das consellerías.
  • A elaboración e tramitación das convocatorias de procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías.
  • A preparación da convocatoria para a elaboración de listas e o desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que o regule.
  • A realización, no seu ámbito competencial, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.

Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

O Servizo de Concursos, que terá encomendadas as seguintes funcións:

  • O estudo e a preparación dos anteproxectos normativos en materia de provisión.
  • A preparación, elaboración e tramitación das convocatorias de concursos ordinarios de traslados.
  • A supervisión asesoramento e coordinación coas consellerías dos concursos específicos do persoal funcionario e laboral.
  • O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia, sen prexuízo dos que poidan corresponder a outros órganos da Administración.

O Servizo de Selección, que terá encomendadas as seguintes funcións:

  • O estudo e a preparación dos anteproxectos normativos en materia de selección.
  • A preparación, elaboración e tramitación das convocatorias dos procesos selectivos do persoal funcionario e laboral.
  • O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia, sen prexuízo dos que poidan corresponder a outros órganos da Administración.

O Servizo de Listas de Contratación Temporal, que terá encomendadas as seguintes funcións:

  • O desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que regule a devandita cobertura, en particular a tramitación das propostas de cobertura e a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal para os servizos centrais e para os servizos periféricos.
  • O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia

O Servizo de Listas de Contratación Temporal contará con postos de carácter administrativo para a xestión de listas nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Estes postos terán encomendada as funcións de chamamentos e selección dos integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios interinos e para a contratación do persoal laboral temporal que deban desempeñar postos adscritos aos servizos periféricos no ámbito da respectiva delegación territorial.