DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal

Esta subdirección xeral ten encomendada a realización das seguintes funcións:

  • A elaboración da oferta de emprego público para a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.
  • A xestión e proposta de programación de efectivos dos corpos, escalas e categorías ao servizo da Administración autonómica de Galicia.
  • A preparación dos informes preceptivos e previos sobre estruturas orgánicas das unidades administrativas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.
  • A elaboración de estudos e propostas das relacións de postos de traballo e as súas modificacións e a emisión do informe previo a estas.
  • A coordinación na elaboración das estatísticas do número de efectivos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A tramitación de expedientes relativos a situacións e incidencias do persoal funcionario e laboral xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública, sen prexuízo das competencias propias das consellerías.
  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
  • A elaboración, dentro das súas competencias, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.
  • A suplencia do titular da Dirección Xeral nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

Para a realización das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

  • O Servizo de Xestión de Persoal, que terá encomendadas as seguintes funcións:
    • A xestión do persoal funcionario e laboral xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública, sen prexuízo das competencias propias das consellerías.
    • A elaboración da oferta de emprego público, dentro dos termos da normativa vixente en materia de emprego público.
    • O estudo e preparación de informes sobre a normativa de función pública. 
  • O Servizo de Programación e Ordenación de Persoal, que terá encomendadas as seguintes funcións:
    • A preparación dos informes preceptivos e previos sobre a estrutura orgánica das unidades administrativas da Xunta de Galicia.
    • A elaboración do informe sobre as propostas das relacións de postos de traballo ou das súas modificacións.
    • A colaboración na preparación da oferta de emprego público, dentro dos termos da normativa vixente en materia de emprego público.
    • O estudo e preparación de informes e estatísticas referentes ás relacións de postos de traballo.