- Inicio
- Goberno e institucións
- Consellerías
-
Consellería de Facenda e Administración Pública
- Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Consellería de Política Social e Xuventude
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Consellería de Sanidade
- Función pública e xestión de recursos humanos
- A Dirección Xeral
- Estrutura e funcións
-
Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Servizo de actualización de datos
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Oficina de incompatibilidades e boas prácticas
-
A Dirección Xeral
- Funcións e competencias
-
Estrutura e funcións de Función Pública
- Servizo de Actualización de Datos
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Oficina de incompatibilidades e boas prácticas
- Avisos
- Funcionarización e promoción específica
- Carreira administrativa e complemento de desempeño
-
Estrutura e funcións
- Servizo de Actualización de Datos
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Oficina de incompatibilidades e boas prácticas
DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
A Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional, á cal lle corresponde a realización das seguintes funcións:
- A determinación dos diferentes niveis de desenvolvemento profesional e avaliación das categorías e competencias existentes na organización, impulsando o crecemento e fo mentando as políticas de innovación na Administración pública galega, co fin de adaptalas ás necesidades e obxectivos do servizo público; elaboración de plans e programas encamiñados á mellora do desenvolvemento das competencias profesionais para potenciar e impulsar a calidade dos servizos; análise dos sistemas de promoción profesional para os procesos de funcionarización e elaboración das propostas para o seu desenvolvemento e posta en práctica, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
- Deseño dos procesos de modernización organizativa da Administración xeral da Xunta de Galicia, baseada na avaliación dos sistemas de recoñecemento profesional do persoal ao seu servizo e valoración da súa incidencia no sistema de carreira profesional; ordenación e xestión dos procedementos de recoñecemento profesional e elaboración das propostas de resolución de recoñecemento da carreira profesional e, en xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
- Desenvolvemento e execución dos procedementos nos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo.
- O estudo e elaboración de informes de persoal en materia da súa competencia.
- A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal, a Subdirección de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
Para o cumprimento das súas obrigacións, a Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional contará coas unidades administrativas con nivel orgánico de servizo: xestores de proxectos que teñen con carácter xeral atribuídas as funcións de xestión, coordinación e execución dos proxectos que se realicen dentro das políticas en materia de persoal en todo o ámbito da Administración xeral, atribuídas á Dirección Xeral da Función Pública.
O número de xestores de proxectos será variable, en función das competencias e funcións que a Dirección Xeral de Función Pública deba prestar derivados da integración nela dos distintos recursos e servizos da carreira profesional e da realización dos procesos de funcionarización que se deriven das distintas consellerías e entidades públicas instrumentais delas dependentes. En concreto as funcións dos xestores de proxectos son:
- Elaboración dos plans de necesidades en competencias de desenvolvemento profesional dos diferentes empregados públicos da Xunta de Galicia.
- Elaboración das propostas normativas para a elaboración dos procedementos de recoñecemento profesional.
- Asesoramento e deseño dos procedementos para a implantación do sistema de carreira profesional.
- Planificación e coordinación da implantación dos sistemas de carreira profesional dentro do seu ámbito de competencia.
- Deseño, planificación e realización dos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo, dentro do seu ámbito de competencia.
- Coordinación coas unidades administrativas implicadas nos sistemas de información, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
- En xeral, cuantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral de Función Pública.
- Consulta do Rexistro de Actividades de Altos Cargos
- Consulta de anuncios de comisións de servizo e adscricións temporais
- Consulta das autorizacións de compatibilidade
- Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cesamento de altos cargos
- Expediente administrativo
- Solicitudes normalizadas
- Xeración de reclamacións
- Verificación e descargas
- Subscrición ás novas de Función Pública