Oza-Cesuras e Coirós acollerán un novo obradoiro de emprego que formará a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en atención sociosanitaria a persoas dependentes
O Goberno galego destina este ano un orzamento 11,3 millóns de euros para 33 obradoiros duais e os de xente moza da provincia
O delegado da Xunta clausurou en Oza-Cesuras o taller de formación e emprego que organizou este Concello co financiamento do Goberno galego
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o obradoiro de emprego dual de Oza-Cesuras, que este ano formou a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Trenor felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados neste taller de formación e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”. Neste senso, lembrou que os participantes combinaron un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. “O obxectivo – incidiu - é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”.
Na clausura o delegado da Xunta informou tamén da resolución completa dos novos obradoiros de emprego, financiados polo goberno galego e dirixidos aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para o ano 2021-2022 que permitirá a realización dun total de 11 talleres na comarca da Coruña, dos cales 9 deles son de carácter dual ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 2 para xente moza, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego na área da Coruña máis de 3,8 millóns de euros
Os obradoiros duais serán os Abegondo, compartido Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada; Aranga, compartido con Irixoa, Monfero e Vilarmaior; Arteixo; Betanzos, compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Cambre; Culleredo, compartido con A Coruña; Miño, compartido con Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume; Oleiros e Oza Cesuras, compartido con Coirós. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en A Coruña, compartido con Culleredo e en Arteixo.
Estes obradoiros permitirán que un total de 212 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de dirixidos a xente moza de 12 meses.
Trenor destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”. Una vez rematados, dixo, “contemplan a opción de traballar nunha empresa da contorna, a xornada completa, por un mínimo de tres meses, a través dos incentivos á contratación concedidos desde a Administración autonómica”.
Ampliación da convocatoria
A Xunta vén de reforzar a convocatoria deste ano de obradoiros , co seu maior orzamento, o maior número de accións e de persoas beneficiarias. Na actual convocatoria se acadan cifras récord: en canto a orzamento, permitrá desenvolver un total de 33 actuacións na provincia entre obradoiros duais e de persoas mozas cun investimento de máis de 11,3 millóns de euros.
Máis que formación
As persoas desempregadas que participan nestes programas -desenvolvidos con financiamento autonómico por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.
Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.
OBRADOIROS DUAIS DE EMPREGO | |||
COMARCA SANTIAGO | |||
DENOMINACION | CONCELLO | OUTROS CONCELLOS | AXUDA CONCEDIDA |
“RENOVA IV” | Ames | Brión | 346.946,00 € |
“OBRADOIRO DUAL ARZÚA-BOIMORTO-SANTISO” | Arzúa | Boimorto-Santiso | 346.946,00 € |
“BRAÑAS DO ILLÓ RÍO SAMO IV | Ordes | Frades- Mesía | 346.946,00 € |
“COMARCA DO SAR 2021” | Padrón | Rois-Dodro | 346.946,00 € |
“CREAS IV” | Santiago de Compostela | 346.946,00 € | |
“OBRADOIRO PROMOCIÓN 2021”” | Val do Dubra | A Baña- Negreira-Santa Comba | 346.946,00 € |
TOTAL | 6 obradoiros | 2.081.676,00 € | |
OBRADOIROS DE GARANTÍA XUVENIL | |||
COMARCA SANTIAGO | |||
DENOMINACION | CONCELLO | OUTROS CONCELLOS | AXUDA CONCEDIDA |
PROGRAMA DE EMPREGO “EMPRÉGATEAPP” | Teo | Boqueixón-Vedra | 369.492,32 € |
PROGRAMA DE EMPREGO “O. E. SANTIAGO SUSTENTABLE III” | Santiago Compostela | 369.492,32 € | |
PROGRAMA DE EMPREGO “XUVENTUDE EN ACCIÓN 2021 (DODRO PADRÓN ROIS) | Rois | 346.399,05 € | |
PROGRAMA DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE DE ORDES” | Mancomunidade de Ordes: Ordes Oroso Tordoia Trazo Frades Mesía Cerceda | 368.638,66 € | |
TOTAL | 4 obradoiros | 1.454.022,35 € | |
TOTAL OBRADOIROS | 10 obradoiros | 3.535.698,35 € |