Os hospitais galegos precisan aumentar as súas reservas de sangue do grupo cero positivo
As unidades móbiles de ADOS estarán esta semana en preto de 40 concellos para favorecer que os galegos e galegas podan doar sangue
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), anima a todos os galegos e galegas a doar sangue nestas datas festivas, sobre todo ás persoas do grupo cero positivo, para poder abastecer de compoñentes sanguíneos ás institucións sanitarias galegas.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En ocasións pode diminuír o número de doazóns, como nestas festas do Nadal, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía para alcanzar entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue.
Doar é moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
DATA | CONCELLOS |
Mércores 29 de decembro | Cabanas, Coristanco, Juan Flórez (A Coruña), Praza Roxa (Santiago), Cabo de Cruz (Boiro), Boimorto, Sarria, Allariz, Cuntis, Baiona, O Calvario (Vigo) |
Xoves 30 de decembro | Narón, Cee, Monelos (A Coruña), Melide, Milladoiro (Ames), Vilalba, O Barco de Valdeorras, A Estrada, As neves, As Travesas (Vigo) |
Venres 31 de decembro | Narón, Praza Conchiñas (A Coruña), Cantón-Obelisco (A Coruña), Área Central Fontiñas (Santiago), Milladoiro (Ames), Ronda das Fontiñas (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Ferrería (Pontevedra), García Barbón (Vigo), Cabral (Vigo) |
CENTRO | HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO | Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA | Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL | Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO | Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE | Luns das 15:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Luns de 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.