O plan de nova arquitectura pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte por máis de 2,8 M€

Trenor visitou o CPI Cabo da Area no que a Xunta investiu case 500.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro


O Goberno galego ten en marcha nesta comarca 7 grandes actuacións en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

A maiores, este verán realizáronse 15 obras de pequena ou mediana envergadura
 

Ademais, está en marcha a construción dunha pista multideporte na escola unitaria da Pereiriña en Cee
 

Laxe (A Coruña), 14 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo tenente alcalde de Laxe, Francisco Charlín e polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o CPI Cabo da Area. Trenor puxo en valor o importante investimento realizado neste centro no que se levaron a cabo obras de gran envergadura cun investimento de máis de 420.000 euros de substitución de fiestras no edificio de Primaria, SATE, canlóns e baixantes, pintado estrutura metálica e substitución de vidros rotos en lucernario. Ademais, realizaronse outras acutacións menores como a modificación dos portalóns e a renovación da plataforma da parada de autobuses cun investimento a maiores que rondou os 40.000 euros.

 

Na visita o representante do Goberno galego avanzou o desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, a folla de ruta para a modernización dos centros educativos cun novo modelo de escolas poscovid. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ten comprometidos con esta comarca 2,8 millóns de euros en grandes obras en 7 centros educativos desta área nos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe e Ponteceso. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

 

Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).

 

No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 15 centros educativos de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.

 

Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción dunha pista  multideporte na escola unitaria da Pereiriña de Cee por una importe de máis de 63.000 euros.

 

Folla de ruta pioneira

Trenor lembrou que Galicia conta desde 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co fin de adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investimento de 191 M€ nesta lexislatura.

 

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.

 
 

GRANDES OBRAS COSTA DA MORTE

CONCELLO
CENTRO
TIPO DE OBRA
IMPORTE
Cabana de Bergantiños
CPI As Revoltas
Melloras sectoriais. Cubertas e fiestras

 640.000,00 €

Carballo
IES Alfredo Brañas
Melloras sectoriais. Reforma de salón de actos

   350.000,00 €

Cee
CEIP Plurilingüe Eugenio López
Melloras sectoriais. Fiestras e SATE

     535.915,91 €

Coristanco
CPI Alcalde Xosé Pichel
Rehabilitación Integral

    621.093,00 €

Laracha, A
CEIP Alfredo Brañas
Melloras sectoriais. Substitución de fiestras e SATE

     219.184,22 €

Laxe
CPI Plurilingüe Cabo da Area

Melloras sectoriais. Substitución de fiestras en edificio de Primaria, SATE, canlóns e baixantes, pintado estrutura metálica e substitución de vidros rotos en lucernario

    420.219,69 €

Ponteceso

 CEIP Eduardo Pondal

Melloras sectoriais. Acondicionamento antiga piscina (fiestras, falso teito, recheos, instalacións, etc)

    108.974,85 €

 
 
7 ACTUACIÓNS

 2.895.387,67 €

CENTROS NOS QUE SE REALIZAN PEQUENAS OBRAS COSTA DA MORTE

CONCELLO
CENTRO
Camariñas
CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto
Carballo

CEIP Plurilingüe de Gándara-Sofán 

Cee
CEIP Plurilingüe Eugenio López
Cee
IES Agra de Raíces
Cee
IES Fernando Blanco
Corcubión
CEIP Praia de Quenxe
Coristanco
CPI Alcalde Xosé Pichel
Laracha, A
CEIP Alfredo Brañas
Laracha, A
CEIP Ramón Otero Pedrayo
Laxe
CPI Plurilingüe Cabo da Area

Malpica de Bergantiños

CEIP Milladoiro

Malpica de Bergantiños

IES Urbano Lugrís
Muxía
CEIP dos Muíños
Ponteceso
CEIP Eduaro Pondal
Vimianzo
CEIP Plurilingüe San Vicenzo
 
15 CENTROS

Imaxes relacionadas