A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe a este evento

Política Social participa no II Encontro Mocidade Voluntaria en Oleiros

Distintas Organizacións non Gobernamentais (ONG) e asociacións deron a coñecer os seus proxectos

Oleiros (A Coruña), 18 de setembro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao II Encontro Mocidade Voluntaria, unha xornada para dar a coñecer as opcións de voluntariado na comarca. O evento contou coa participación de Organizacións Non Gobernamentais (ONG) e asociacións que traballan neste eido.

Cristina Pichel salientou “o compromiso, colaboración e solidariedade” da mocidade galega”. Ao respecto, engadiu que “ser voluntario é unha cuestión de actitude”, que implica “estar comprometida coa contorna e cos demais”.

Durante a xornada, celebráronse faladoiros e mesas redondas nas que se explicaron proxectos de voluntariado e deuse información sobre as opcións que teñen ás mozas e mozos que queren dedicar unha parte do seu tempo aos demais.

Imaxes relacionadas