Rueda reunirase coa presidenta da Comisión Europea para trasladarlle as prioridades de Galicia para o presente e o futuro
Alfonso Rueda será o primeiro presidente dunha Comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional con Ursula von der Leyen
A reunión terá lugar o vindeiro 27 de marzo en Bruxelas
2023-03-19
/documents/35297/40558/Comision+europea+2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2023
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, recibirá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar asuntos prioritarios para o presente e o futuro de Galicia. O encontro terá lugar o vindeiro 27 de marzo na sede da Comisión Europea, en Bruxelas.
Alfonso Rueda será o primeiro presidente dunha Comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da UE.
A Comisión Europea é o órgano executivo, politicamente independente, da UE. É a única instancia responsable de elaborar propostas de nova lexislación europea e de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da UE.
Entre os asuntos que Rueda lle trasladará a Von der Leyen figuran nun lugar preferente o futuro da pesca galega e a xestión dos fondos europeos, entre outras cuestións nas que a Comisión Europea disporá de primeira man do posicionamento da Xunta.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 19/03/2023