O 061 de Galicia asistiu 48 persoas por 35 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 24 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 26 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 40 chamadas por accidentes de tráfico

 

A Estrada (Pontevedra), 27 de marzo de 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 48 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 24 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 26 de marzo. O venres foi o día que rexistrou máis sinistros, con 14 accidentes de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 40 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 35 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 48 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 71% e do 29% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

 

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 17 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
17
Lugo
3
Ourense
2
Pontevedra
13
Galicia
35
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 46. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

 

En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondente, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2023