Trenor anima aos alumnos do obradoiro de Curtis, Sobrado e Vilasantar a aproveitar estes 12 de meses de formación

Curtis (Coruña), 31 de marzo de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Curtis, Sobrado e Vilasantar visitou o obradoiro de emprego no que se están a formar a 20 desempregados en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O representante do Goberno autonómico animou aos alumnos a aproveitar ao máximo a formación e lembrou que estes talleres teóricos e prácticos roldan o 60 % de integración laboral. Na visita lembrou que a Xunta está a financiar, na convocatoria 2022-2023, nove obradoiros de emprego nos concellos de Cambre, Arteixo, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Curtis, Abegondo e Culleredo, grazas a un investimento que supera o 4,5 millóns de euros para formar a 180 desempregados na área da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/03/2023