Nava Castro mantén unha xuntanza cos responsables do Ateneo de Marín tras a declaración do Enterro da Sardiña como Festa de Interese Turístico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse cos responsables do Ateneo Santa Cecilia, asociación que potenciou a declaración da festa

Marín, 1 de abril de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe no Ateneo Santa Cecilia, en Marín, cos organizadores da festa do Enterro da Sardiña desta localidade, recentemente declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

 

Durante a visita, Nava Castro puxo en valor este tipo de celebracións xa que, indicou, constitúen un excepcional medio para difundir os atractivos turísticos e patrimoniais da Comunidade á vez que serven para atraer visitantes ás contornas onde se celebran e mantéñense como garantes das nosas tradicións. O Enterro da Sardiña de Marín celébrase anualmente cada mércores de cinza desde o ano 1882.

Data de actualización: 01/04/2023