Formación

Un dos aspectos básicos que fixa a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) é, sen lugar a dúbida, a formación dos traballadores e traballadoras. Este precepto ven recollido no artigo 14, como un “dereito á protección fronte ós riscos laborais”.

Este dereito tamén está recollido no artigo 19 da mesma lei: “en cumprimento do deber de protección, o/a empresario/a deberá de garantir que cada traballador/a reciba unha formación teórica e práctica, suficientemente axeitada en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación, calquera que sexa a modalidade ou duración de esta, como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñe ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo. A formación deberá estar centrada especificamente no posto de traballo en función de cada traballador/a, adaptarse á evolución dos riscos e á aparición de outros novos e repetirse periodicamente, se fose necesario.”

O Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba Regulamento dos Servizos de Prevención (RSP), determina no seu artigo 34 as funcións que integran esta actividade clasificándoas en tres niveis:

  • Nivel básico
  • Nivel intermedio
  • Nivel superior

 

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais está en disposición de desempeñar as funcións relativas a cada nivel, xa que os seus membros contan coa formación recollida nos anexos IV, V e VI do RSP.

O servizo de Prevención de Riscos Laborais, estrutura a formación segundo a actuación formativa que se describe a continuación:

  1. Formación dos membros dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral que aínda non posúan a formación de nivel básico, a través de cursos de 50 horas (modalidade a distancia), segundo o recollido no acordo sobre dereitos de participación dos traballadores/as ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.
  2. Formación aos traballadores/as que integrarán os Grupos de Acción (equipos de alarma e evacuación, equipos de primeira intervención, equipos de primeiros auxilios). Dándolle un pulo á implantación dos plans e medidas de emerxencia e evacuación, abarcará colectivos que prestan servizos en edificios administrativos, xudiciais, centros asistenciais, etc.
  3. Cursos de formación específica para os/as traballadores/as dos centros de traballo incluídos no programa de actuación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, segundo os riscos atopados nas avaliacións, realizaranse cursos específicos para o persoal das brigadas de estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para o persoal das residencias da 3ª Idade con respecto aos riscos de mobilización de pacientes, ou para o persoal veterinario da Xunta de Galicia, entre outros.
  4. Estes serán os tres grandes campos de actuación dentro do programa de formación en materia de prevención de riscos laborais do Servizo de Prevención, que por outra parte e dado que a temporalidade é dun ano xa se veñen impartindo dende o primeiro semestre de 2007.