ORGANIZACIÓN PREVENTIVA DA XUNTA DE GALICIA
Instrucións operativas
As instrucións operativas son documentos técnicos dirixidos á realización de actividades específicas nas condicións idóneas de seguridade e saúde laboral.
Nestes momentos o Servizo de Prevención de Riscos Laborais ten dispoñibles as instrucións operativas para:
- Fumigacións: requirimentos esixibles ás empresas que efectuarán unha fumigación co obxecto de previr riscos laborais derivados da aplicación de tratamentos DDD (desinfección, desinsectación e desratización) con praguicidas en locais de traballo.
- Electricidade estática: información sobre como se xera a electricidade estática, así como os problemas derivados dela, e como evitala, centrándose principalmente nos traballos de oficina.