Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.939

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 9 de abril de 1996 pola que se establecen as normas relativas ó proceso de cualificación que deben supera-los viños con dereito a denominación de orixe no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento CEE 823/1987, do Consello do 16 de marzo, polo que se establecen disposicións específicas relativas ós viños de calidade producidos en rexións determinadas (v.c.p.r.d.), sinala no artigo

13 que os productores deberán somete-los viños que poidan beneficiarse da denominación v.c.p.r.d. a un exame analítico e a un exame organoléptico.

O Real decreto 157/1988, do 23 de febreiro, polo que se establece a normativa á que deben axustarse as denominacións de orixe e denominacións de orixe cualificadas de viños e os seus respectivos regulamentos, dispón no seu artigo 10:

«1.-Para que os viños producidos conforme a normativa establecida no seu respectivo regulamento poidan beneficiarse da denominación de orixe, deberán someterse e superar un exame organoléptico mediante cata e un exame analítico.

2.-Tales controis poderán realizarse ben exhaustivamente, partida a partida, ben mediante mostraxes aleatorias suficientemente representativas».

En consecuencia, de conformidade co artigo 30.Iº.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase a normativa que regula o proceso de cualificación dos viños con dereito a denominación de orixe da Comunidade Autónoma de Galicia, que figuran como anexo da presente orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º

1.-Tódolos viños producidos na Comunidade Autónoma de Galicia, para seren amparados por algunha das denominacións de orixe, deberán ser producidos e elaborados conforme o disposto nos seus respectivos regulamentos e seren sometidos e superaren un proceso de cualificación, de acordo co disposto nas normas que se sinalan a continuación.

2.-Os consellos reguladores serán os encargados de executar e coordinar todo o proceso de cualificación.

Capítulo II

Cualificación inicial

Artigo 2º

1.-Os viños producidos nas distintas denominacións de orixe da Comunidade Autónoma de Galicia, en cada campaña, deberán someterse a uns controis analíticos instrumentais (físicos, químicos e biolóxi

cos) e organolépticos ou sensoriais, partida por partida.

2.-O programa de control de cada consello regulador fixará o tempo máximo para o que é válida a cata.

3.-Superado o dito prazo de validez da cata, ou no caso de que o viño non se comercialice na campaña da súa elaboración, debería someterse a unha nova cata, antes da súa comercialización.

4.-Os viños que vaian someterse ó proceso de cualificación estarán localizados en depósitos. Con independencia da súa capacidade, o viño contido en cada un deles constituirá unha partida.

Artigo 3º.-Toma de mostras.

1.-A toma de mostras efectuarase despois da fermentación e no lugar desta, podendo iniciarse a toma de mostras, unha vez que transcorrese un mes desde a finalización da vendima ata o 15 de agosto do ano seguinte.

2.-A toma de mostras será realizada polos servicios técnicos de cada consello regulador, logo de solicitude da firma interesada por escrito.

3.-Tomarase unha mostra de seis botellas de 0,75 litros de capacidade, por cada partida. As ditas botellas serán lacradas, etiquetadas e asinadas polo axente do consello regulador e polo responsable da adega, no acto de toma de mostras.

Dúas das botellas da mostra quedarán na adega de orixe e as restantes destinaranse a análise instrumental, análise sensorial e testemuñas de referencia.

4.-Na acta en que conste a toma de mostras, indicaranse ademais:

-O número do depósito do que se toma a mostra.

-O volume do viño ó que ascende a partida.

-O tipo de viño de que se trata e o destino previsto.

Tanto as mostras testemuña como as que quedan depositadas na adega interesada, deberán conservarse ata que finalice o proceso de cualificación.

Artigo 4º

Os servicios técnicos do consello regulador correspondente emitirán un informe sobre a situación de cada partida, en relación coa inscrición nos rexistros correspondentes, presentación de declaracións obrigatorias e, especialmente, daqueles aspectos que poidan afectar á garantía de orixe do viño que establece o seu propio regulamento.

Artigo 5º.-Análise instrumental.

1.-Análise instrumental das partidas de viño será realizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), ou por aqueles laboratorios expresamente autorizados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Determinaranse, como mínimo, os seguintes compoñentes:

-Grao alcohólico

-Acidez volátil

-Acidez total

-Sulfuroso total

-Sulfuroso libre

-Azucres reductores

2.-Cada consello regulador, por decisión propia ou por petición dos elaboradores interesados, poderá realizar cantas outras probas analíticas considere necesarias ou convenientes para a identificación da partida con dereito ó emprego da denominación de orixe.

3.-De tódalas determinacións analíticas expedirase o correspondente boletín de análise para a súa incorporación ós respectivos expedientes de cualificación.

Artigo 6º.-Análise organoléptica.

1.-As mostras das partidas serán cualificadas sensorialmente polo comité de cualificación do consello correspondente, formado por expertos procedentes dos sectores viticultor-elaborador, adegueiro, e técnico enolóxico, podendo incluírse expertos do sector comercial e consumidor.

2.-Os catadores de cada sector serán designados polo consello regulador sempre que a xuízo deste, reúnan os requisitos de probada experiencia.

Tódolos membros catadores do comité de cualificación entregarán ó consello regulador correspondente o seu currículum profesional.

Un catador non poderá ostenta-la representación de máis dun sector dos anteriormente citados.

3.-Os catadores cesarán nas súas funcións cando falten a tres convocatorias seguidas ou cinco alternas sen xustificar, ou cando deixen de estar vinculados ó sector a que pertenzan ou representen.

4.-O comité de cualificación actuará en comisións de cinco membros, como mínimo, non podendo estar constituídas as citadas comisións por máis de tres catadores do mesmo sector.

5.-As sesións de cata serán coordinadas polo persoal do respectivo consello regulador, que terá como cometido organiza-la degustación, vixia-lo estricto anonimato da mesma e dar fe dos resultados e da acta levantada e asinada polos catadores.

6.-O comité de cualificación realizará a análise organoléptica das mostras e informará se o viño é apto ou non para ser recoñecido como viño con dereito ó emprego da denominación de orixe correspondente, en canto ás súas características organolépticas.

7.-A cualificación organoléptica referirase principalmente á tipicidade, cor, limpidez, olor e sabor do viño tendo en conta o momento do proceso productivo en que se atopa a mostra.

Esta cualificación organoléptica estará fundamentada na definición dos viños recollida nos regulamentos de cada unha das denominacións de orixe.

8.-O consello regulador nomeará un comité de apelación para os casos que considere necesario. Este comité estará formado por técnicos de recoñecido prestixio, designados polo consello regulador correspondente, que actuarán en sesións de tres catadores.

Artigo 7º.-Valoración dos viños.

1.-Á vista do informe dos servicios técnicos do consello regulador en relación ó cumprimento da normativa e dos resultados do control analítico e sensorial das mostras, o consello regulador acordará a cualificación, a descualificación ou o emprazamento da partida.

2.-Como norma xeral, a decisión e comunicación do resultado da valoración dos viños efectuarase no prazo máximo de 30 días a partir da data da acta da toma de mostras.

Artigo 8º.-Situación de emprazamento.

1.-O emprazamento dunha partida referirase ós casos en que a mostra non reúna as condicións idóneas para ser catalogada como viño con dereito ó emprego da denominación de orixe, por ter defectos que poidan ser corrixidos por prácticas e tratamentos autorizados pola lexislación vixente.

2.-A decisión motivada do consello regulador será comunicada ó interesado, quen disporá dun prazo máximo dun mes para corrixi-los defectos detectados, e dous meses cando o emprazamento sexa por exceso de azucres reductores.

3.-O interesado comunicará ó consello regulador, dentro dos prazos sinalados, a data a partir da que se poderán tomar novas mostras.

As novas mostras serán sometidas a análise comparativa coas mostras testemuño tomadas no seu día polo consello regulador e a un novo control organoléptico polo comité de cualificación, que informará sobre a súa cualificación ou descualificación.

4.-Será motivo de non cualificación a variación irregular dos viños na análise comparativa.

5.-Transcorridos os prazos máximos sinalados sen que o interesado solicite ó consello regulador a toma de novas mostras da partida, esta quedará descualificada.

6.-A mestura dunha partida de viño en situación de emprazamento con outra partida suporá descualificación de ámbalas dúas.

7.-Unha partida de viño poderá ser analizada sensorialmente polo comité de cualificación dúas veces como máximo.

Artigo 9º.-Situación de descualificación.

1.-Os viños poderán ser descualificados por todos ou algún dos motivos seguintes:

a) O informe dos servicios técnicos do consello regulador relativo ó incumprimento da lexislación vixente.

b) Non axustarse ós niveis analíticos esixidos pola lexislación vixente e o regulamento da denominación.

c) Presentar defectos sensoriais que non poidan ser corrixidos mediante prácticas ou tratamentos autorizados, emitíndose informe polo comité de cualificación.

2.-Como consecuencia das determinacións analíticas non poderán ser cualificadas as partidas de viño que non cumpran os baremos analíticos reco

llidos nos respectivos regulamentos de cada denominación, ou nos programas de control aprobados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e nos que, polo menos, se fixarán baremos para os compoñentes citados no artigo 5.1º.

Artigo 10º

Para que unha partida resulte descualificada por motivos organolépticos será necesario que así o informe a comisión de cata do comité de cualificación.

Artigo 11º.-Comunicación do Consello Regulador. Recursos.

1.-O consello regulador notificará ós interesados o resultado do proceso de cualificación das partidas por eles presentadas.

2.-En caso de descualificación, a notificación deberá ser motivada.

3.-O interesado disporá dun prazo de dez días para recorrer ante o pleno do consello regulador, podendo solicitar un novo exame analítico e/ou organoléptico, neste último caso, ante o comité de apelación regulado no artigo 6.8º, que se constituirá para o efecto. O dito exame efectuarase sobre as botellas testemuña do solicitante ou do consello regulador, podéndose realizar, por parte deste, a análise contradictoria das mostras do solicitante e das que están en poder do consello regulador, sendo motivo de descualificación a non coincidencia das mesmas.

4.-A decisión do consello regulador de descualificar unha partida en virtude da decisión do comité de apelación tomada por maioría dos seus membros, porá fin á actuación ó respecto do consello regulador.

5.-Contra os acordos e resolucións do consello regulador, en virtude do informe do comité de apelación, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o órgano da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes que corresponda en virtude das normas de distribución de competencias que sexan de aplicación.

6.-Toda partida de viño que estea en situación de emprazamento ou descualificación deberá permanecer en depósitos identificados baixo o control do consello regulador.

Artigo 12º.-Tratamento dos viños emprazados.

1.-Non se autorizará ningunha práctica ou tratamento enolóxico que non estea autorizado polo Regulamento (CEE) 822/1987, do Consello do 16 de marzo, e demais lexislación concordante.

2.-As mesturas de viños dunha partida emprazada con outra partida para corrixi-lo defecto que, inicialmente, a emprazaba, non serán autorizadas, e carrexará a descualificación de ámbalas dúas.

Capítulo III

Non presentación á cualificacion

Artigo 13º

1.-Todas aquelas partidas de viño que non se sometesen ó proceso de cualificación durante o período de tempo reseñado no artigo 3.1º, perderán o seu dereito ó amparo da denominación de orixe.

2.-Os viños que non se sometesen a cualificación ou que non a obtivesen permanecerán baixo o control do consello regulador ata a súa retirada da adega.

Capítulo IV

Seguimento dos viños cualificados

Artigo 14º

1.-Os viños que superasen a fase de cualificación, e por tanto, teñan dereito ó emprego dalgunha das denominacións de orixe da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán mante-las súas cualidades organolépticas características, tendo en conta as derivadas da súa correcta e natural evolución, especialmente en canto a color, aroma e sabor.

2.-Os consellos reguladores realizarán os controis pertinentes e, en caso de constatar algunha alteración nesas características en detrimento da calidade, ou que na súa elaboración ou crianza se incumpran os preceptos sinalados na lexislación vixente, iniciará actuacións para que os ditos viños sexan descualificados.

3.-A descualificación dos viños poderá ser realizada, polo consello regulador que corresponda, en calquera fase da súa elaboración ou crianza, e a partir da iniciación do expediente de descualificación deberán permanecer en envases identificados e rotulados, baixo o control do consello regulador, ata a súa saída da adega.

4.-Polo menos unha vez ó ano tomaranse mostras en cada unha das adegas inscritas dos productos terminados pertencentes ás colleitas e tipos de viño, sendo sometidos a control analítico e organoléptico.

5.-O procedemento operativo para o suposto do punto anterior, así como para o resto dos tratados neste artigo, será semellante ó establecido no capítulo II (cualificación inicial) destas normas, podendo resulta-la descualificación dos viños implicados.

Capítulo V

Funcionamento do comité de cualificación

Artigo 15º

1.-As sesións de cata celebraranse de acordo co programa anual de cada consello regulador. O dito programa será comunicado ás adegas inscritas.

Este calendario será flexible e poderá sufrir alteracións, atendendo ós períodos de maior volume de embotellado das adegas.

2.-As sesións de cata realizaranse nunha sala que reúna as condicións axeitadas para tal fin e na que os catadores estarán separados de tal forma que quede garantido o seu illamento visual.

3.-A cata realizarase co silencio axeitado para a concentración dos catadores.

4.-Nunha sesión de cata, o número de mostras sometidas ó proceso de cualificación será como máximo de quince.

5.-As mostras de viño sometidas ó proceso de cualificación presentaranse ó comité de cualificación de forma anónima.

6.-A ficha de cata que utilizará o comité de cualificación será a ficha de cata da Oficina Internacional do Viño (O.I.V.) adaptada e homologada polo Instituto Nacional de Denominacións de Orixe

(I.N.D.O.) para o control dos viños españois. Na dita ficha non aparecerán referencias numéricas, conseguindo así que o catador cualifique o viño adxutivándoo.

7.-Tanto as fichas de cata como os informes emitidos sobre calquera partida de viño sometida ó proceso de cualificación posuirán un carácter estrictamente confidencial.

8.-Ás sesións de cata non se convocará a ningún catador que teña relacións profesionais, familiares, etc., coas firmas propietarias que presenten partidas de viño para a súa cualificación.

Artigo 16º

1.-A puntuación que a comisión de cata do Comité de Cualificación dará a unha partida de viño será a media das puntuacións individuais dos catadores, despreciándose as puntuacións extremas.

2.-Dependendo desta puntuación, a cualificación dunha partida será:

-Cualificada

-Emprazada

-Descualificada

Artigo 17º

Cada consello regulador establecerá no seu programa de control os baremos que se aplicarán para emprazar, descualificar ou cualifica-los viños da dita denominación.

Artigo 18º

1.-O comité de apelación rexerase polas mesmas normas que o comité de cualificación, coas excepcións seguintes:

a) O seu veredicto será tomado por maioría dos catadores asistentes.

b) Nunca poderá emprazar unha partida de viño.

2.-Cando o comité de apelación cate unha partida de viño, a cualificación que outorgará a o dito viño será:

-Cualificada

-Descualificada

2834