Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xullo de 1997 pola que se trasladan ensinanzas de formación profesional do IES Politécnico de Pontevedra ó IES A Xunqueira I de Pontevedra.

O sistema educativo está nun momento de transformación e cambio que se manifesta de maneira especial na formación profesional.

Para responder ás necesidades de cualificación dos distintos sectores productivos da nosa economía é preciso unha permanente adaptación da oferta de ensinanzas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co ánimo de optimiza-los recursos existentes considera que é necesario o traslado das ensinanzas da familia profesional de «servicios socioculturais e á comunidade» na cidade de Pontevedra, do IES Politécnico ó IES A Xunqueira I.

Por iso, vistos os informes da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, esta, consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Procédese ó traslado das ensinanzas da familia profesional de «servicios socioculturais e á comunidade» do IES Politécnico de Pontevedra ó IES A Xunqueira I de Pontevedra. Así mesmo inclúense neste traslado as ensinanzas a extinguir correspondentes á rama de «servicios á comunidade».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las normas necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido nesta orde.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5971