Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/144-2, 5041 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: Cela, L.M.T., cambio 2 apoios en central de Tronceda (Mondoñedo).

Situación: Mondoñedo.

Características técnicas: instalación cela de media tensión. Liña de media tensión subterránea en D.H.Z. 1 cunha lonxitude de 21 metros e substitución de dous apoios metálicos en central hidroeléctrica de Tronceda e liña de media tensión Tronceda-A Pontenova.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de novembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

11607