Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 4 de xaneiro de 1999 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra: Rehabilitación de edificio para centro socicultural e museo da Lagoa de Antela. 1ª fase.

O que se expón ó público na Secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles para que poidan presentarse reclamacions, contadas desde o día seguinte ó da inserción do anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 19.400.000 ptas.

Fianza provisional: 388.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de axudicación.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, en horario das 9 horas ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuraran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

Sandiás, 5 de xaneiro de 1999.

A alcaldesa

Rubricado

0158