Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1999 pola que se convocan catro cursos, unhas xornadas e un seminario de formación en materia de consumo.

No uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, os cursos, xornadas e mailo seminario indicados no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos, xornadas e no seminario deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso que se solicita, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no seguinte ano.

3. O prazo de presentación de instancias será de quince días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución.

4. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo recollido no anexo II desta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no rexistro da EGAP, podéndose utilizar, así mesmo, os sistemas previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada actividade do referido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se utilizarán serán os recollidos no anexo I para cada unha das actividades programadas.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento das actividades anunciadas co fin de adaptalas ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Xornadas sobre campañas de inspección.

1. Obxectivos:

A análise das extratexias de actuación e unificación de criterios no desenvolvemento das campañas de inspección nacionais e autonómicas para 1999.

2. Destinatarios:

Persoal de control de mercado con responsabilidade no desenvolvemento das campañas de inspección.

3. Nº de edicións: 4.

4. Duración: 4 horas lectivas cada xornada.

5. Lugar e datas de realización:

Nos servicios provinciais de consumo:

A Coruña: 3 de marzo.

Lugo: 4 de marzo.

Ourense: 5 de marzo.

Pontevedra: 8 de marzo.

6. Contidos:

Análise dos protocolos das campañas de inspección autonómicas e nacionais.

Curso: aluguer e compra de vivenda.

1. Obxectivos:

Profundar no estudio dos dereitos e deberes dos consumidores e usuarios no relativo á información sobre aluguer e compra de vivenda.

2. Destinatarios:

Responsables de información ó consumidor nas administracións local e autonómica e das asociacións de consumidores.

3. Duración: 8 horas lectivas.

4. Lugar e datas de realización:

Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela os días 1 e 2 de marzo.

5. Contidos:

A problemática do consumidor como arrendatario da vivenda. Información previa á compra da vivenda. As garantías na compra da vivenda. Os seguros e a vivenda.

Curso básico de consumo.

1. Obxectivos:

Proporcionar unha formación básica no ámbito de consumo.

2. Destinatarios:

Persoal das administracións autonómica e local e das asociacións de consumidores con responsabilidade na información e formación do consumidor.

3. Nº de edicións: 4.

4. Duración: 8 horas lectivas, en horario de 16 a 20 horas.

5. Lugar e datas de realización:

A Coruña: Servicio Provincial de Consumo o 22 e 23 de marzo.

Lugo: Servicio Provincial de Consumo o 24 e 25 de marzo.

Ourense: Servicio Provincial de Consumo o 29 e 30 de marzo.

Pontevedra: Servicio Provincial de Consumo 31 de marzo e 1 de abril.

6. Contido:

Vías de resolución. Papel das asociacións de consumidores e das oficinas municipais de información ó consumidor (OMIC) no ámbito da educación. Deseño de actividades de formación. Xestión da información.

Curso sobre actualización normativa en materia de consumo.

1. Obxectivos:

Dar a coñece-la normativa recente, europea, nacional e autonómica de interese para os responsables de información e defensa do consumidor.

2. Destinatarios:

Persoal da Administración autonómica, local e asociacións de consumidores con responsabilidade en información e defensa do consumidor.

3. Duración: 16 horas lectivas (8 teóricas e 8 prácticas), en horario de mañá e tarde.

4. Lugar e datas de realización:

Escola Galega de Administración Pública, os días 19 e 20 de abril.

5. Contidos:

Análise da normativa recente europea, nacional e autonómica no ámbito da protección e defensa do consumidor.

Curso: arbitraxe de consumo.

1. Obxectivos:

Proporcionar unha formación xurídica e técnica ás persoas destinadas para actuar como árbitros, e ás que no futuro poidan actuar, para resolve-los litixios de consumo a través da vía arbitral.

2. Destinatarios:

Persoal da Administración autonómica e das asociacións de consumidores que actúen ou poidan actuar como árbitros nos distintos colexios arbitrais da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

3. Duración: 16 horas lectivas (8 teóricas e 8 prácticas), en horario de mañá e tarde.

4. Lugar e datas de realización:

Escola Galega de Administración Pública, os días 24, 25, 26 e 27 de maio.

6. Contidos:

O R.D. 636/1993 e a súa posible modificación. Necesidade e obxectivos desta. Competencia territorial das xuntas: conflictos. A publicidade do logotipo. Problemas de publicidade enganosa. Relación entre procedemento sancionador e procedemento arbitral. Estatuto xurídico dos árbitros. O convenio arbitral: causas de inadmisión e excepcións. Casos prácticos.

II Seminario sobre liberalización de servicios básicos ó cidadán.

1. Obxectivos:

Informar sobre as consecuencias para o consumidor coa liberalización dos servicios económicos de interese xeral.

2. Destinatarios:

Persoal da Administración autonómica, local e das asociacións de consumidores.

3. Duración: 12 horas lectivas en horario de 16 a 20 horas.

4. Lugar e datas de realización:

Escola Galega de Administración Pública os días 12, 13 e 14 de abril.

6. Contidos básicos:

Os efectos da liberalización nos servicios de subministración dos derivados licuados do petróleo. A liberalización dos servicios postais.