Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000 sobre a declaración de zonas vulnerables na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con base o contido do R.D. 261/1996, de 16 de febreiro, sobre a petición das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias, a Comisión Galega de Medio Ambiente declarou a non existencia de zonas vulnerables na Comunidade Autónoma de Galicia con data do 15 de maio de 1997.

En cumprimento das novas directrices emanadas da comisión baseadas nos artigos 3 e 4 da directiva 91/676/CEE, cómpre darlle publicidade a través dos boletíns oficiais das comunidades autónomas, e xa que logo:

RESOLVO:

Facer pública a declaración de non existencia de zonas vulnerables na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental