Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 7 de xuño de 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandato recollido no artigo 45 da Constitución e unha necesidade para asegura-la pervivencia dos nosos ecosistemas e os seus compoñentes.

O Real decreto 1997/1995, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, traspón ó ordenamento xurídico español a Directiva 92/43/CEE do Consello. Este real decreto establece no seu artigo 3 que cada Estado membro contribuirá á constitución dunha rede ecolóxica coherente, denominada Natura 2000, para a que se designarán lugares e zonas especiais de conservación que garantan o mantemento ou, de se-lo caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats e hábitats de especies que determina a directiva.

Con data 11 de marzo de 1999, o Consello da Xunta de Galicia acordou remitir unha relación de

lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000, de acordo co disposto no artigo 4 do Real decreto 1997/1995. O Estado español remitiulle á Comisión Europea as listas dos lugares de importancia comunitaria propostos polas distintas comunidades autónomas, segundo as rexións bioxeográficas. Como consecuencia da avaliación realizada polos servicios técnicos da Comisión Europea, foi requirida información adicional ou foi solicitada a presentación de novas propostas de lugares ás comunidades autónomas e ós estados pertencentes ás rexións bioxeográficas Atlántica e Mediterránea, ámbalas dúas con representación no territorio galego. Con estas modificacións a Unión Europea pretende acada-la porcentaxe de representación idónea para cada un dos hábitats referido á totalidade do territorio da Unión.

Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente adaptou e revisou a proposta galega de lugares de importancia comunitaria, de acordo coas directrices manifestadas pola comisión. O día 19 de abril de 2001, o Consello da Xunta de Galicia acordou aproba-la revisión da proposta galega, acordo que se orienta cara a consegui-la compatibilidade entre o desenvolvemento sustentable e a protección dos hábitats e taxóns que dan valor ós espacios que conforman a proposta galega de lugares de importancia comunitaria.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres crea, no seu artigo 12, diferentes tipos de espacios naturais protexidos. Así mesmo, no seu artigo 21.2º faculta as comunidades autónomas con competencia plena na materia para establecer outras figuras de protección distintas ás establecidas no mencionado artigo 12.

En consecuencia e en virtude das competencias en materia de conservación da natureza establecidas no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, regulouse mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio, a figura de espacio natural en réxime de protección xeral e creouse o Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia. Neste rexistro inclúense aqueles espacios de interese natural para os que deben establecerse medidas que aseguren a súa conservación. Este decreto establece no artigo 6, con obxecto de asegura-la salvagarda dos valores naturais dun espacio, a posibilidade de establecer un réxime de protección provisional mentres estea en tramitación a inclusión definitiva do dito espacio no rexistro xeral.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Inclúese no rexistro, de maneira provisional, a lista de lugares recollida no anexo desta orde cos límites actualmente propostos, declarándoos entrementres

como «espacios en réxime de protección xeral», de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio.

Artigo 2º

1. Nestes espacios poderán seguir levándose a cabo, de maneira ordenada, os usos e actividades tradicionais. Calquera outra actividade requirirá informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente, que será solicitado polo promotor ou titular das accións, actividades, construccións, proxectos ou obras que se pretenda emprender.

2. Se se prevé que se poidan derivar efectos negativos das accións que se vaian realizar, a Consellería de Medio Ambiente poderá esixir un informe de avaliación ambiental delas para evita-la deterioración dos valores que determinaron a inclusión destes espacios no rexistro xeral, sen prexuízo da aplicación do disposto no artigo 24 da Lei 4/1989, do 24 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Artigo 3º

Aquelas áreas destes espacios que gozasen xa dun réxime de protección específico, manterano.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Os Ancares-O CourelBecerreá

Cervantes

Folgoso do Courel

O Incio

Navia de Suarna

As Nogais

Pedrafita do Cebreiro

A Pobra do Brollón

Quiroga

Samos

Triacastela

Ribas de Sil

102.6852001

Baixa LimiaBande

Calvos de Randín

Entrimo

Lobeira

Lobios

Muíños

Padrenda

Quintela de Leirado

Verea

34.2482001

Baixo MiñoA Guarda

O Rosal

Salvaterra de Miño

Tomiño

Tui

As Neves

Arbo

Crecente

A Cañiza

Padrenda

2.7922001

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Betanzos-MandeoAranga

Bergondo

Betanzos

Irixoa

Miño

Paderne

Oza dos Ríos

Coirós

8652001

Bidueiral de MontederramoMontederramo

Vilar de Barrio

1.9492001

Brañas de XestosoA Estrada

Forcarei

Silleda

1.0802001

Cabo UdraBueu

Cangas

6232001

Canón do SilPantón

Sober

Nogueira de Ramuín

Parada de Sil

5.9612001

CarballidoA Fonsagrada

A Pontenova

Ribeira de Piquín

4.6342001

Carnota-Monte PindoCarnota

Mazaricos

Cee

Dumbría

4.6292001

As CatedraisBarreiros

Ribadeo

3042001

Complexo Húmido de CorrubedoPorto do Son

Ribeira

9.3022001

Complexo Ons-O GroveBueu

Cambados

O Grove

A Illa de Arousa

Meaño

Sanxenxo

Ribadumia

7.4902001

Costa ÁrtabraCariño

Cedeira

Ferrol

Narón

Valdoviño

Ortigueira

Ares

Mugardos

7.6592001

Costa da MorteArteixo

Cabana de Bergantiños

Camariñas

Carballo

Cee

Fisterra

Laracha

Laxe

Malpica de Bergantiños

Muxía

Ponteceso

Vimianzo

11.8852001

Costa da VelaCangas1.3852001

Costa de DexoOleiros3502001

Cruzul-AgüeiraBecerreá

As Nogais

6182001

Enseada de San SimónRedondela

Soutomaior

Vilaboa

Moaña

Pontevedra

2.2522001

Estaca de BaresMañón

Ortigueira

9262001

Esteiro do TambreBrión

Negreira

Noia

Outes

Porto do Son

1.5832001

As Gándaras de BudiñoO Porriño

Salceda de Caselas

Tui

8342001

Illas CíesVigo9902001

Illas EstelasNigrán 7132001

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Macizo CentralO Bolo

Chandrexa de Queixa

Laza

Manzaneda

A Pobra de Trives

Viana do Bolo

Vilariño de Conso

Quiroga

Larouco

Montederramo

45.1962001

A MarrondaBaleira

A Fonsagrada

1.2122001

Monte e lagoa de LouroCarnota

Muros

1.1612001

Monte FaroCarballedo

Chantada

Rodeiro

3.0022001

Monte MaiorViveiro

Xove

1.2432001

NegueiraNegueira de Muñiz4.5122001

Ortigueira-MeraCariño

Cerdido

Ortigueira

As Pontes de García Rodríguez

As Somozas

3.7952001

Parga-Ladra-TámogaBegonte

Cospeito

Guitiriz

Outeiro de Rei

Rábade

Vilalba

Xermade

Abadín

Castro de Rei

Lugo

Friol

5.0092001

Pena MaseiraA Gudiña

A Mezquita

5.8542001

Pena TrevincaCarballeda de Valdeorras

A Veiga

Viana do Bolo

Manzaneda

O Bolo

24.8602001

Pena VeidosaSan Cristovo de Cea

Carballedo

2.3552001

A RamallosaBaiona

Nigrán

922001

Ría de Foz-MasmaBarreiros

Foz

Lourenzá

Mondoñedo

5752001

Río AnllónsCabana de Bergantiños

Ponteceso

Coristanco

Carballo

422001

Río CabeBóveda

O Incio

A Pobra de Brollón

Monforte de Lemos

Pantón

Sober

1.5772001

Río EoA Fonsagrada

A Pontenova

Ribadeo

Ribeira de Piquín

Trabada

Riotorto

Meira

7742001

Río LandroOurol

Viveiro

892001

Río LérezPontevedra

Campo Lameiro

Cotobade

192001

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Río OuroAlfoz

Foz

O Valadouro

722001

Río TambreTordoia

Ordes

Mesía

Trazo

Oroso

Frades

Santiago de Compostela

O Pino

1522001

Río TámegaCastrelo do Val

Laza

Monterrei

Verín

Oímbra

7192001

Río TeaCovelo

Fornelos de Montes

Mondariz

Mondariz-Balneario

Ponteareas

Salvaterra de Miño

972001

Xubia-CastroA Capela

Moeche

Narón

Neda

San Sadurniño

As Somozas

As Pontes de García Rodríguez

1.9862001

Serra da Enciña da LastraRubiá1.7232001

Serra do CandánForcarei

Lalín

Silleda

Beariz

O Irixo

10.6832001

Serra do CandoCerdedo

Cotobade

Forcarei

A Lama

Beariz

5.4022001

Serra do CareónMelide

Santiso

Toques

Friol

Palas de Rei

6.5682001

Serra do Xistral As Pontes de García Rodríguez

Abadín

Alfoz

Mondoñedo

Muras

Ourol

O Valadouro

Vilalba

Xermade

Xove

Viveiro

Cervo

22.5642001

Sistema fluvial Ulla-DezaCatoira

A Estrada

Pontecesures

Silleda

Valga

Vila de Cruces

Boqueixón

Dodro

Padrón

Rianxo

Teo

Touro

Vedra

1.1532001

Sobreirais do ArnegoAgolada

Lalín

Vila de Cruces

1.0812001

Veiga de PonteliñaresPorqueira

Rairiz de Veiga

1302001

TOTAL359.559