Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.610

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de outubro de 2001 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2001.

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de xuño de 2001 (DOG do 2 de xullo), convocouse o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2001.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Concederlle o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2001, á empresa Innaves, S.A., pola súa contribución ó desenvolvemento de tecnoloxía para a innovación empresarial.

Esta orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública