Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001 pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria, convocado pola Orde do 31 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto).

Por Orde do 31 de xullo de 2001 (DOG do 23 de agosto), convócase concurso público para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola comisión de selección nomeada segundo o previsto no artigo 4 da citada Orde do 31 de xullo.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concederlles axudas para a realización de dous proxectos de investigación ás persoas que

se relacionan no anexo a esta resolución, e na contía e anualidades que en cada caso se sinalan.

Segundo.-As axudas que se relacionan no anexo comprenden a totalidade da axuda necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación, incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución lle supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único, por cada anualidade e a través da Universidade de Santiago de Compostela, logo de presentación das correspondentes certificacións de gasto e de acordo coa normativa vixente.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 31 de xullo de 2001 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non esti

ma-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Jaime Pita VarelaCelso Currás Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Educación

e Administración Públicae Ordenación Universitaria

ANEXO

Investigador principal: Miguel Santos Rego.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Código: PGIDT01EDU24101PR.

Título do proxecto: a investigación educativa en Galicia (proxecto A).

Ano 2001: 4.000.000 de pesetas.

Ano 2002: 4.000.000 de pesetas.

Total: 8.000.000 de pesetas.

Persoal: si.

Investigador principal: Miguel Zabalza Beraza.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Código: PGIDT01EDU21401PR.

Título do proxecto: a educación especial en Galicia. Análise da situación actual e proposta de futuro (proxecto B).

Ano 2001: 2.000.000 de pesetas.

Ano 2002: 2.000.000 de pesetas.

Total: 4.000.000 de pesetas.

Persoal: non.