Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 27 de novembro de 2001 polo que se notifica a providencia de arquivo de actuacións da reclamación económico administrativa 1579-C 00/6 interposta por Ana Mª Sarceda Rego.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da providencia de arquivo de actuacións da reclamación económico-administrativa interposta por Ana Mª Sarceda Rego (domicilio notificacións: r/ Barcelona, 64-5º A 15010 A Coruña), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas.

De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que por providencia do 9 de marzo de 2001, a secretaría do Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia arquivou a reclamación nº 1579-C 00/6 interposta por Ana Mª Sarceda Rego. Esta providencia estará á disposición da interesada nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Contra este acordo poderá promover cuestión incidental no prazo de oito días, contados desde o día seguinte ó desta publicación, de conformidade co artigo 113 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba el Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2001.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal