Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 23 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 215, do 7 de novembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que, así mesmo, se sinala.
Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.
Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante, ou ben no
da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
da Consellería de Economía e Facenda
ANEXO
Apelidos e nome: Vázquez Santamarina, Mercedes.
NRP: 2916435902 A2051.
Grupo: B.
Denominación do posto: xefe/a da Sección de Contabilidade e Habilitación.
Código do posto: EFA010000115770011.
Nivel: 25.
Centro directivo ou dependencia: Instituto Galego de Estatística.
Localidade: Santiago de Compostela.
CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,
ECONÓMICO-FINANCEIRA
E CONTABLE