Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.435

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

DESIGNACIÓN por sorteo de compromisarios para a elección de conselleiros xerais representantes de impositores.

Aberto o procedemento para a renovación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros de Galicia, as comisións electorais das circunscricións da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra acordaron:

1. Celebrar nas oficinas principais da entidade en cada unha das cidades designadas, ás 13 horas do día 4 de febreiro de 2002, o acto de designación dos compromisarios correspondentes a cada unha das circunscricións electorais para a elección de conselleiros xerais representantes de impositores. A designación efectuarase, mediante sorteo público ante notario, entre as persoas que figuren na lista de impositores da circunscrición respectiva.

2. Expoñer, desde o próximo día 31 de decembro inclusive, nas oficinas principais da entidade en cada unha das cidades designadas, a lista de impositores e os seus anexos, para seren consultados polos impositores que acrediten as condicións de idoneidade para figurar nela. Nas demais oficinas será exposta, cos anexos, a sección da lista correspondente á oficina de que se trate.

3. Durante o prazo de 10 días hábiles, calquera que estea inscrito na lista ou que xustifique o seu dereito a estalo poderá formular reclamación contra ela ou contra o contido dos anexos, e presentala na oficina na que manteña a súa imposición.

Durante o período de exposición, os titulares de contas de aforro infantil e de aforro de non-residentes poderán reclama-la súa inclusión acreditando, respectivamente, que alcanzaron a maioría de idade ou que trasladaron a súa residencia ó ámbito de actuación da caixa.

Nos supostos de titularidade múltiple ou dividida, os interesados, durante o período de exposición, designarán de común acordo unha soa persoa para figurar na lista para tódolos efectos, presumíndose, noutro caso, como titular único, o primeiro titular idóneo, nos supostos de titularidade múltiple, e o

nu propietario, de ser idóneo, nos de titularidade dividida.

Para os efectos de determinación dos requisitos esixidos para ser inscrito na lista, teranse en conta os diversos depósitos dos que puidese ser titular unha mesma persoa. Sen embargo, durante o período de exposición deberán optar pola inclusión exclusivamente por unha soa circunscrición e oficina, atendéndose noutro caso ó depósito de maior saldo medio no semestre anterior a aquel no que teña lugar o sorteo.

4. Rexeitarase automaticamente toda reclamación que se formule transcorrido o período de exposición ou que non se presente coa xustificación documental adecuada. Esta carga entenderase cumprida se se designan de modo concreto os elementos de proba en poder da propia caixa.

5. Resoltas as reclamacións pola comisión de control, a lista e os anexos definitivos quedarán expostos nas oficinas da entidade, ata o día en que se realice o sorteo notarial para a elección de compromisarios, tendo esta exposición o carácter de notificación ós interesados para tódolos efectos.

6. No acto do sorteo permitirase a entrada a todos cantos se acrediten como impositores.

Os presidentes das comisions electorais

Rubricado