Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 14 de febreiro de 2003 pola que se regulan programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior.

O feito incomparable e histórico da presencia asociativa de Galicia nos distintos países do mundo ten, neste período constitucional do noso país, un pioneiro recoñecemento no vixente Estatuto de autonomía de Galicia que no seu artigo 7 establece o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade evoca o espírito asociativo e solidadario dos galegos que os leva a constituíren fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comuñón coa terra galega.

A importante achega das nosas comunidades, froito da súa destacada presencia no exterior nos eidos asistencial, sanitario, de formación, recreativo e cultural, continúa a ser imprescindible para a cohesión dos galegos no exterior e para a súa efectiva participación na vida social e cultural de Galicia. Todas merecen unha acción decidida por parte da Consellería de Emigración, pola súa historia e pola súa importancia para vertebra-lo futuro da Galicia do exterior.

Pero, ante este futuro debemos avanzar e ese é o noso gran obxectivo, cara á adecuación destes centros para que sexan capaces de novo de dar a resposta ós concidadáns a través de servicios actualizados, abertos e eficientes na orde asistencial, de integración da xuventude, cultura galega, deporte, tempo de lecer e de participación do voluntariado, conservando a actividade cultural e representativa propia dos seus fins sociais.

Na crecente relevancia das accións da nosa comunidade no exterior incide de xeito importante a aplicación de programas específicos de actuación desenvolvidos pola Xunta de Galicia a favor das comunidades galegas, deseñados en sintonía coas demandas e inquietudes fornecidas polo Consello de Comunidades Galegas como órgano representativo delas.

Unha maior potenciabilidade do conxunto das nosas comunidades, de acordo co expresado anteriormente, pasa ineludiblemente por seguir avanzando nos seguintes obxectivos:

-Promover unha máis intensa e eficaz vinculación entre tódalas comunidades galegas e destas con Galicia, superando así as distancias reais e facilitando a unión de todos na vivencia da nosa identidade común.

-Facilita-lo reencontro coa súa terra por parte dos nosos maiores emigrados e o achegamento e integración na vida social e cultural de Galicia por parte

dos membros máis novos das comunidades de galegos asentadas no exterior.

-Fortalece-la nosa actual presencia no exterior para acadar aínda unha maior proxección de Galicia que facilite un coñecemento mellor da nosa realidade cultural, empresarial e económica.

-Propicia-la maior promoción das accións dirixidas ós mozos descendentes de galegos, particularmente dos programas formativos, tanto de carácter ocupacional como empresarial, así como das accións culturais, artísticas, deportivas e asociativas, xa que estas favorecen a súa integración progresiva na vida das nosas comunidades e contribúen á renovación e continuidade dos nosos centros, asegurando unha opción de futuro.

-En xeral, garanti-lo benestar social e a calidade de vida de tódolos galegos, alí onde se atopen, especialmente os residentes en países en situación de crise.

A experiencia lévanos ó especial aprecio de determinadas accións dirixidas ás persoas de maior idade, destacando o encadeamento de estímulos emocionais xerado nas sucesivas edicións do programa Reencontros como fórmula oportuna para o estreitamento dos lazos persoais e familiares e a recuperación física e sentimental do enlazamento coa terra por aqueles cos que temos un maior deber de solidariedade, por todo canto fixeron por Galicia con anterioridade. A este deber de solidariedade cos nosos maiores que máis o necesitan responde o establecemento doutros programas e accións que terán cabida nas convocatorias de axudas que impulsará a Consellería de Emigración neste ano de 2003.

Na área de accións formativas son os mozos os que se benefician preferentemente destas accións, cunha visión de proxección cara ó futuro. Toda a formación impartida nos centros favorece a integración dos mozos e mozas neles e nas restantes actividades que desenvolven.

Intensifícase a atención a aqueles programas que teñen por obxectivo a mellora da formación empresarial e preferentemente ocupacional a través da participación dos cursos específicos que se organizan nos distintos centros e, noutros casos, co apoio doutras entidades ou institucións no exterior, sendo obxecto de especial atención as accións formativas que permitan a capacitación e integración na tarefa directiva ou xerencial dos máis novos nas súas propias entidades.

Prográmanse cursos de información, estudio e perfeccionamento de materias relacionadas coa cultura galega, tales como a xeografía, a historia, a literatura, as artes, así como aqueles que teñen por contido a aprendizaxe e práctica da lingua galega. Con todos eles, preténdese dar resposta fructífera á incesante demanda que desde as distintas comunidades chega ata nós.

Accións xuvenís: as actuacións que propician a extensión do principio de galeguidade entre as novas xeracións da Galicia exterior e a incorporación dos

máis novos ás funcións directivas teñen especial importancia como instrumento necesario para o futuro, para a propia pervivencia da presencia da nosa obra asociativa no exterior.

Esta valoración merecen as actividades campamentais en Galicia e intercambios xuvenís que facilitan o contacto directo entre descendentes de galegos de distintas procedencias coa terra dos seus devanceiros, achegándose ás súas inquedanzas gracias ó coñecemento directo e persoal dunha Galicia tradicional e actual, que hoxe lles resulta do maior interese.

Os cursos de animación xuvenil, con tódalas técnicas de dinamización colectiva que proporcionan, a mesma promoción do deporte e das afeccións artísticas, son medios valiosos para a relación entre os mesmos mozos e instrumentos que favorecen a súa incorporación ás colectividades e, por tanto, na previsión dos programas para desenvolver, forman un importante capítulo.

No seo destas comunidades nacen e crecen a cotío grupos artísticos e culturais con contribucións de calidade á nosa música, danza, cultura e deporte. Na súa existencia e actividade están afirmando publicamente unha identidade galega profusamente difundida polo mundo mediante o uso dos símbolos e sinais propios de Galicia. Adícase un programa específico a preserva-lo folclore de Galicia como expresión viva da nosa cultura tradicional.

En xeral, establécense distintas acción encamiñadas a facer efectivo o dereito das comunidades galegas a participaren na vida cultural de Galicia, impulsando a difusión das súas actividades e das que se programan desde aquí para elas.

Por todo isto e desde os principios e obxectivos expostos, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Cursos e actividades formativas

nas comunidades galegas

Capítulo I

Programa 1: cursos de terapia ocupacional

Artigo 1º.-Obxecto.

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 2º.-Características dos cursos.

a) Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos que se impartirán seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Consellería de Emigración, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que, segundo os traballos que se van realizar, se indican nas ditas unidades.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 3º.-Contido das axudas.

1. A Consellería de Emigración farase cargo:

a) Do custo de desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderase atende-los gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) Do custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e do aloxamento do profesorado. Con carácter de excepcionalidade, debidamente fundamentada, poderán subvencionarse estes custos de estadía.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

Artigo 4º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador. Estes centros poderán solicitar estes cursos para a súa impartición tanto na mesma entidade como en asilos ou centros da terceira idade radicados na súa área xeográfica de influencia e que teñan un número suficiente de residentes galegos.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 1 desta orde.

b) Relación das persoas que desexan participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Tamén a consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa consellería debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade enviará a esta consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración considere necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Capítulo II

Programa 2: cursos de lingua, literatura, historia

e cultura galega

Artigo 9º.-Obxecto.

1. O programa pretende promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 10º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso, de carácter intensivo, terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes é terá unha duración ordinaria dun mes ou, excepcionalmente, ata tres meses para os casos

nos que existan profesores de galego xa desprazados ós lugares de impartición, completándose a realización do curso dentro do ano natural.

3. Os cursos poden ter dúas modalidades, unha de lingua galega con valor académico e dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento. Outra, de extensión cultural para persoas interesadas en mante-lo achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de manifestacións culturais da nosa terra.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 20 alumnos, agás casos excepcionais debidamente xustificados. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que alcance o nivel de alumnado requirido. Na concesión valorarase a porcentaxe de alumnos de orixe galega.

Artigo 11º.-Contido das achegas.

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística colaborará na realización deste programa.

2. A Consellería de Emigración farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo do material para a realización do curso.

c) O custo do envío do dito material.

3. Os centros proporcionarán as instalacións axeitadas para a realización do curso e faranse cargo, con carácter ordinario, do custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo ata un máximo de 30 días.

Artigo 12º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 13º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 2 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, idade, número do DNI ou do pasaporte e grao de ascendencia galega, se é o caso.

Artigo 14º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 15º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Así mesmo a consellería comunicará o nome do profesor designado e as datas eo lugar de realización do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro e do acordado coa Dirección Xeral de Política Lingüística.

Será preceptivo que o centro ou conxunto de centros solicitantes designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa consellería debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso, a entidade remitirá á consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Dirección Xeral de Política Lingüística e a consellería consideren necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Capítulo III

Programa 3: cursos de formación ocupacional

e empresarial

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Promoveranse especialmente modalidades que atendan, ademais da preparación pre-ocupacional dos mozos, á difusión e formación en recursos e contidos propios dos costumes e tradicións galegas, cociña galega, artesanía de encaixe, etc., buscando a súa transmisión nos ámbitos familiares e a capacitación nos correspondentes sectores ocupacionais. Seguirán tendo unha atención especial aqueles cursos que atendan á formación en técnicas informáticas e outras de actualidade, conservándose a posibilidade de apoiar actividades de formación en técnicas artísticas e de interpretación. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior ou estean interesados no retorno a Galicia. Estes cursos terán unha dura

ción máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

3. As aulas permanentes de formación ocupacional terán por finalidade a formación continuada de carácter técnico profesional dos galegos e dos seus descendentes no ámbito dos centros galegos de Galicia do exterior, como naquelas entidades e países que aconsellen realiza-los cursos de formación ocupacional con carácter continuado durante o ano.

Artigo 18º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional coma os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades:

A) Cursos de acción directa e

B) Cursos subvencionados.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados e executados pola Consellería de Emigración.

3. Serán cursos subvencionados aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 19º.-Contido das achegas.

A) Cursos de acción directa.

1. A Consellería de Emigración farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ó lugar de realización do curso.

b) Do custo de material e do seu envío para imparti-lo curso.

c) Do custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) Con carácter ordinario, dos gastos de estadía e manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

3. Poderá colaborar nestes cursos a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

B) Cursos subvencionados.

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas desta orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobados pola Consellería de Emigración.

Artigo 20º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional e empresarial e das aulas permanentes as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Así mesmo, poderán ser solicitantes dos cursos de formación empresarial as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 21º.-Documentación.

1. A documentación necesaria para os cursos de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 3 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación necesaria para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 3 bis desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntará á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando os lugares e as datas da súa realización.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

Artigo 22º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de maio de 2003.

Artigo 23º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a consellería comunicará a concesión do curso indicando, se é o caso, nome do profesorado, a data, o lugar e a hora de chegada, así como as datas nas que se vai realizar.

Artigo 24º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade remitirá á Consellería de Emigración unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a consellería considere necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Capítulo IV

Programa 4: cursos de xestión de entidades

e animación xuvenil

Artigo 25º.-Obxectivo e características.

1. Preténdese con estes cursos formar mozos maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la xuventude

dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, capacitalos para a programación e realización de actividades socioculturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza, así como promove-la incorporación da xuventude ás xuntas directivas potenciando o asociacionismo e a asunción de responsabilidades.

2. Estes cursos intensivos de animación xuvenil poderán te-los tres perfís distintos seguintes, atendendo ós módulos lectivos que incorporen, co fin de axustarse mellor ó nivel e á continuidade na demanda desta acción formativa por parte dos centros:

a) Nivel inicial de animación xuvenil:

Destinado para formar grupo. As técnicas que se desenvolverán serán fundamentalmente de tipo recreativo e cultural. Capacitará os participantes para organizar e executar actividades deste tipo fundamentalmente entre a infancia.

b) Nivel avanzado de animación xuvenil:

Suponse formado o grupo xuvenil no centro e con certa experiencia de traballo. Neste nivel afóndase nas técnicas do nivel incial e inclúense materia de psicopedagoxía do tempo de lecer, técnicas e dinámicas de grupo. Os participantes deben ter máis de 16 anos aínda que se recomenda máis de 18.

c) Nivel de xestión de entidades:

Deben ser maiores de 18 anos. Inclúe materias de programación e planificación, avaliación de programas, márketing asociativo... Este curso pode ter un módulo complementario a distancia, de formación continuada e de apoio no desenvolvemento do aprendido.

Mediante circular informaranse os centros da configuración de cada modalidade de cursos, dos módulos que integra e das súas finalidades e contidos docentes.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de 20 participantes preinscritos. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que acade o nivel de alumnado requirido.

4. A duración destes cursos será de 35-40 horas lectivas impartidas nun máximo de 15 días e o horario axustarase ás necesidades dos solicitantes.

5. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e a Consellería de Emigración.

Artigo 26º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo das horas de docencia do profesorado.

c) O custo do material para os cursos.

d) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo, con carácter ordinario de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo o curso, ata un máximo de 15 días.

Artigo 27º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la celebración destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 28º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 4 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do documento nacional de identidade ou do pasaporte, así como a súa idade.

Artigo 29º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 30º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A consellería resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características do centro ou centros solicitantes e número efectivo de destinatarios dos cursos.

Artigo 31º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración crea necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Capítulo V

Programa 5: cursos de danza e música tradicional

Artigo 32º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 33º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre folclore galego atendendo ás modalidades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto e confección de traxes tradicionais.

2. Estarán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

3. A duración dos cursos será de 15 días intensivos e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

4. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

5. Agás en casos excepcionais, debidamente xustificados, para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 15 participantes.

Artigo 34º.-Contido das achegas.

1. A consellería farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ata o lugar onde se realice o curso.

b) Do custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figure na lista correspondente que se una como anexo á resolución nos cursos que inclúan confección.

2. Os centros faranse cargo, con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 35º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 36º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte e idade dos solicitantes.

Artigo 37º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviaranlle a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 38º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas preinscritas de orixe galega.

2. Así mesmo, a consellería comunicará o nome do profesor designado e as datas e o lugar de celebración do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro.

Artigo 39º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu remitirá á Consellería de Emigración unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude para realizar un curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a consellería coide necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Capítulo VI

Programa 6: seminarios e cursos

de perfeccionamento en xestión de recursos

Artigo 40º.-Obxecto e características.

1. O obxectivo principal deste programa é o fortalecemento do tecido asociativo das comunidades galegas abrindo as súas actividades formativas a novos coñecementos de interese para a comunidade como son a promoción do turismo a Galicia, os programas de voluntariado social e atención a terceira idade, as relacións públicas e o protocolo, a formación de informadores e, en xeral, a xestión de recursos persoais e materiais.

2. Os seminarios ou cursos terán carácter intensivo e duración axustada á materia a impartir e ás necesidades da comunidade beneficiaria da actividade. Serán impartidos por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas, de xeito que poida asegurarse a participación do número mínimo de alumnos que para cada modalidade se estableza.

3. As actividades formativas terán lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Consellería de Emigración.

Artigo 41º.-Modalidades da actividade.

As materias serán impartidas por persoal especializado e recollerán como contidos esenciais os seguintes aspectos, segundo a modalidade:

1. Informadores turísticos de Galicia.

-Recursos turísticos de Galicia.

-Tramos diferentes da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

2. Promoción do voluntariado social.

-O voluntariado: historia e actualidade.

-Perfil, aptitudes e actitudes do voluntariado.

-Xestión de recursos humanos.Visión desde o voluntariado.

-O proceso de comunicación: concepto e elementos.

-O proxecto asociativo (proxectos sociais).

3. Xestión de recursos para asistencia á terceira idade.

-Características da terceira idade: psicoloxía da vellez.

-Problemáticas sociais da terceira idade.

-Terapia ocupacional.

-O servicio de axuda a domicilio e as residencias de día e de maiores.

-Recursos sociais e modelos de intervención.

4. Relacións públicas e protocolo para entidades asociativas.

-Ordenamento xeral de precedencias. Protocolo oficial.

-Vexiloloxía (estudio das bandeiras).

-Organización de actos de presidencia.

-Protocolo internacional.

-Anfitrión e invitados. Protocolos de mesa. Protocolos de reunións.

Artigo 42º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración, con carácter xeral, farase cargo:

a) Dos gastos de aluguer de locais, se é o caso, os de material didáctico e os de organización necesarios para imparti-lo curso no establecemento elixido.

b) Do custo da viaxe e das retribucións do persoal docente achegado pola consellería.

c) Do custo do desprazamento e, se é o caso, da estadía dos participantes que residan dentro da zona de influencia, pero fóra da área metropolitana na que se vai imparti-lo curso.

2. Poderán colaborar neste programa, segundo a modalidade de que se trate, as distintas consellerías da Xunta de Galicia e outras entidades públicas ou privadas de Galicia, ou dos países de asentamento das comunidades galegas, coas achegas de medios materiais ou persoais que se poidan acordar para

un mellor cumprimento dos fins e obxectivos deste programa.

Artigo 43º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a este curso as entidades galegas ou grupo de entidades que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso deberán realiza-la selección de alumnos entre persoas maiores de idade, procurando, en xeral, acadar unha presencia significativa de asistentes menores de 30 anos, debendo ter en conta os seguintes criterios de preferencia:

a) Ser socio do centro e ter aptitudes ou capacidades axeitadas para o desenvolvemento da actividade.

b) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas relacionadas coa modalidade a impartir.

3. O número de asistentes ó curso non será menor de 100 para a modalidade de informadores turísticos e de 25 para o resto das modalidades. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 44º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro -ou conxunto de centros- segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 6 desta orde. No caso de recibirse varias solicitudes dunha mesma área xeográfica, e de ser posible, poderán acumularse estas para integra-los participantes en unidades cun número de alumnos que garanta a efectividade na realización da actividade e na xestión dos recursos dispoñibles.

Artigo 45º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de maio de 2003.

Artigo 46º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Consellería de Emigración notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento, a consellería comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á consellería, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita consellería dicta-la resolución que coide oportuna.

TÍTULO II

Programas de encontro con Galicia

Capítulo I

Programa 7: reencontros

Artigo 47º.-Obxecto e características.

1. Obxecto: ten por obxecto promove-la consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no estranxeiro e con carácter ordinario en Iberoamérica, cos seus familiares e a súa terra, superando tempos de separación. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

A) Acción directa, destinada a aqueles galegos que polas súas circunstancias económicas e mailo afastamento e características sociais do país no que residen non puidesen visitar Galicia nos últimos 20 anos. Esta modalidade é executada pola Consellería de Emigración, podendo nalgunhas fases participa-la Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

B) Axudas para viaxes, executada pola Consellería de Emigración, dirixido a conceder axudas de viaxe a Galicia ós galegos e os seus cónxuxes e fillos, pertencentes á terceira idade que permitan o reencontro coa súa terra e a súa familia.

C) Encontros con Galicia ten por obxecto programa-lo achegamento a Galicia e o encontro coas súas familias, dos galegos residente en Iberoamérica que se atopan desfrutando do programa 13 do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores organizado polo IMSERSO en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación das Migracións e que ten lugar en diferentes datas en distintos puntos das costas españolas. Realizarase o programa naquelas datas e lugares nas que o número de galegos participantes sexa suficientemente numeroso.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O obxecto desta acción é fortalece-lo vínculo que une os galegos residentes en Iberoamérica cos seus concellos de orixe, acada-lo encontro coas súas raíces, familia e co seu pobo, mediante un programa realizado e dinamizado polos concellos, asociacións ou empresas radicadas no lugar onde naceron, nos que estes adquiren o protagonismo efectivo.

2. Características básicas das modalidades:

A) Acción directa:

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola consellería ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de outubro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

-Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-Serán por conta da Consellería de Emigración os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de traslado incluíndo as pasaxes de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida ata os aeroportos de Galicia.

-Colaborará nas estadías, cos seus propios medios, a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

-Poderán organizarse accións destinadas a persoas ou grupos con vínculos familiares directos mantendo como obxectivo prioritario o reencontro en Galicia.

B) Axudas para viaxes:

-As axudas consistirán ordinariamente no pagamento do 60% do custo do traslado a Galicia. Con carácter extraordinario e para os residentes en Cuba as axudas poderán chegar ó 80% do custo do traslado. Á súa chegada a Galicia iniciarán o reencontro coa súa familia galega nos lugares de residencia delas.

-A Consellería de Emigración, á vista das solicitudes presentadas establecerá as datas nas que se desenvolverá o programa. Así mesmo establecerá a forma e prazo en que os interesados deberán achega-la cantidade en concepto de porcentaxe de custo e en proba da conformidade da viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

C) Encontros con Galicia:

-Viaxe desde os hoteis situados nos lugares das costas españolas nos que están aloxados ata Santiago de Compostela.

-Aloxamento en réxime de pensión completa e en cuarto dobre nun hotel da cidade e comezo dunha xornada de carácter cultural de reencontro con Galicia despois da que se dará por finalizada a actividade e comezo do período de reencontro cos familiares nos seus lugares de orixe.

-Unha vez finalizada a fase de reencontro familiar, o retorno ós lugares de residencia nos distintos países será por conta dos participantes de acordo coas especificacións da pasaxe que teñan concertada coa Dirección Xeral de Ordenación de las Migraciones.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-O concello colaborará coa Consellería de Emigración na organización do programa.

-Nesta modalidade trátase de darlles ós concellos, empresas e asociacións o protagonismo nos programas de reencontros dos galegos coas súas familias residentes no municipio ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou da empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Consellería de Emigración.

-Os concellos, asociacións ou empresas interesadas nesta modalidade do programa Reencontros para poder inicia-los trámites do devandito programa, unha vez enviada a solicitude e aprobada esta por parte desta consellería, deberán enviar ó departamento correspondente a documentación seguinte:

* Tres orzamentos de axencias de viaxes onde figuren as datas previstas para a viaxe e o custo das pasaxes.

* As solicitudes dos participantes no programa coa documentación correcta e completa.

* Solicitude por parte dos familiares en Galicia dirixida ó seu alcalde ou presidente da asociación ou empresa.

Para tal efecto, enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

3. Cobertura sanitaria: os beneficiarios de calquera modalidade deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

4. A consellería poderá nomear, naquelas accións do programa Reencontros con máis número de participantes, persoal capacitado en asistencia médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

Artigo 48º.-Solicitantes.

A) Acción directa: poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Seren naturais de Galicia.

2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica.

3. Ter sesenta ou máis anos de idade.

4. Levar polo menos 20 anos sen voltar a España.

5. Que estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes.

6. Que non teñan recursos económicos suficientes.

Excepcionalmente poderán solicita-la participación neste programa, e sempre que cumpran cos requisitos relacionados nos números 2, 3, 4 e 5, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países nos que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primerios anos do pasado século.

B) Axudas para viaxes: poderán ser solicitantes deste programa:

1. Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Seren naturais de Galicia.

1.2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica.

1.3. Teren máis de 55 anos de idade podendo, por razóns extraordinarias alegadas e con carácter de excepcionalidade, nos casos de persoas que nunca regresaran a Galicia, ser menores da dita idade. No caso de que o cónxuxe sexa tamén solicitante, bastaría con que un deles cumpra este requisito de idade.

1.4. Estaren en condicións físicas para realiza-la viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes.

1.5. Non teren participado nos últimos cinco anos en anteriores edicións deste programa.

1.6. Non teren viaxado a España nos dous últimos anos naturais.

1.7. Teren familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, sempre e cando cumpran así mesmo o contido dos puntos 1.2, 1.3, 1.4, e 1.5.

3. Os fillos de galegos, con máis de 60 anos de idade, que posúan a nacionalidade española no intre da presentación da solicitude e cumpran ademais os requisitos sinalados nos puntos 1.2, 1.4, 1.5 e 1.6 deste mesmo artigo.

C) Encontros con Galicia: poderán ser solicitantes desta acción os beneficiarios do programa do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Ayudas para viajes a España de emigrantes mayores, nas edicións elixidas en función do número de galegos participantes, cumprindo os seguintes requisitos:

1. Que sexan nacidas en Galicia e teñan máis de 60 anos de idade.

2. Os cónxuxes das persoas as que se refire o punto anterior, sendo así mesmo beneficiarias do mesmo programa.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

1. Poderán ser solicitantes deste programa aqueles emigrantes que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ser natural do concello galego protagonista desta acción ou te-los os seus familiares residentes nel e ser nado en Galicia.

1.2. Residir en Iberoamérica.

1.3. Ter 60 ou máis anos de idade. No caso de que o cónxuxe solicite o programa chegará con que un dos dous teña esta idade.

1.4. Levar polo menos 20 anos sen voltar a España.

1.5. Teren familiares ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

1.6. Estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes.

1.7. Ter insuficientes recursos económicos.

2. Os cónxuxes das persoas sinaladas no punto anterior que soliciten o programa sempre e cando residan en Iberoamérica, estean en condicións físicas de realiza-la viaxe, teñan insufientes recursos económicos e leven, alomenos, vinte anos sen viaxaren a España.

Artigo 49º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

A) Acción directa:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde.

2. Documento no que consten os seus ingresos económicos. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

3. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego.

4. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 7 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto A.5 do artigo 48º.

5. Fotografía actual tamaño carné.

B) Axudas para viaxes:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 bis desta orde.

2. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou, se é o caso, da súa orixe galega e da nacionalidade española.

3. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 7 bis desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 48º.

4. Fotografía actual tamaño carné.

5. Documento no que consten os ingresos económicos da súa unidade familiar. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

6. Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do anexo 7 bis desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 48º.

* Fotografía actual tamaño carné.

C) Encontros con Galicia. Farase chegar ós participantes nas edicións elixidas do programa do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores, unha circular na que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade así como da documentación que hai que presentar.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. Enviarase unha circular na que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

Por parte dos concellos, asociacións ou empresas:

* Solicitude segundo o corresponde modelo da circular dirixida á Consellería de Emigración.

Por parte dos solicitantes:

* Solicitude normalizada, segundo o correspondente modelo da circular dirixida ó concello, asociación ou empresa.

* Documento no que consten os seus ingresos económicos.

* Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude.

Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude.

* Fotografía actual tamaño carné.

Por parte dos familiares residentes en Galicia:

* Solicitude dirixida ó seu alcalde ou ó presidente da asociación ou empresa, segundo o correspondente modelo da circular.

Artigo 50º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

A) Acción directa: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

B) Axudas para viaxes: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria

que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

C) Encontros con Galicia: as solicitudes presentaranse directamente na Consellería de Emigración seguindo as instruccións expostas na circular que desenvolverá este programa.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

-As solicitudes correspondentes ós concellos, asociacións ou empresas: na Consellería de Emigración.

-As solicitudes correspondentes ós participantes: nas entidades galegas propostas polos concellos nos países destino da acción.

-As solicitudes correspondentes ós familiares residentes no concello: na sede do concello, asociación ou empresa.

2. Prazo:

A) Acción directa: o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

B) Axudas para viaxes: o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

C) Encontros con Galicia: establecerase o prazo de presentación en función das datas de desenvolvemento do programa por parte do ministerio.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata:

* Para os concellos, asociacións ou empresas: o 30 de setembro de 2003.

* Para os participantes: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

* Para os familiares en Galicia: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

Artigo 51º.-Tramitación e resolución.

1. Nas modalidades de acción directa e axudas para viaxes.

1.1. As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, o día seguinte do remate do prazo os centros coordinadores seguintes:

-En Arxentina:

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Oficina Delegada da Consellería de Emigración no Centro Gallego de Buenos Aires.

-En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

-En Cuba:

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Galego da Habana.

-Sociedad Cultural Rosalía de Castro da Habana.

-En Uruguai:

-Centro Galego de Montevideo.

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

-En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

1.2. Os centros coordinadores, designados no punto anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, a Consellería de Emigración do número de solicitudes correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

1.3. En cada un destes países a Consellería de Emigración poderá constituír unha comisión, para a que nomeará un representante na persoa dun funcionario e na que estarán, así mesmo, representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polos mesmos motivos, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

1.4. Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no punto 1 deste artigo poderán remiti-las súas solicitudes á Consellería de Emigración (Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

1.5. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias, e levantará acta da relación provisional de persoas seleccionadas, que terá valor de proposta de selección e se expoñerá ó público nos taboleiros de anuncios dos centros durante sete días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá pedirlles ós preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos citados nas solicitudes. No oitavo día natural, o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que foi presentada a correspondente solicitude, a Consellería de Emigración que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, que se expoñerá

publicamente nos taboleiros de anuncios.

1.6. De non constituírse a dita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Consellería de Emigración as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 5 días a partir do remate do prazo de presentación.

2. Nas modalidades de encontros con Galicia, farase a tramitación das solicitudes na Consellería de Emigración.

3. Na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia, a tramitación será realizada polas entidades galegas designadas e a selección correrá a cargo do concello, empresa ou asociación organizadora, contando coa supervisión da consellería.

4. Selección dos participantes:

A) Na modalidade de acción directa, efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes.

-Tempo sen volver.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

B) Na modalidade de axudas para viaxes, farase en función de:

-Idade dos solicitantes, con preferencia os maiores de 65 anos.

-Tempo sen volver.

-Estado de saúde.

-Orixe galega, con preferencia os nacidos en Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

C) Na modalidade de encontros con Galicia,

-Tempo sen volver a Galicia.

-Estado de saúde.

-Situación económica.

D) Na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

-Idade dos solicitantes e tempo sen voltar a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan no concello galego.

-Estado de saúde.

5. Concesión:

Na modalidade de acción directa a concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polo doutor encargado dos recoñecementos médicos. Así mesmo, nesta modalidade a concesión é de carácter individual.

Na modalidade de axudas para viaxes a concesión ten carácter de provisionalidade mentres non sexa avalada polos familiares do solicitante residentes en Galicia e, así mesmo, en canto non sexa aboada, dentro do prazo establecido no seu momento, a porcentaxe correspondente da pasaxe de avión. Nesta modalidade a selección do beneficiario levará consigo a do seu cónxuxe, no caso de ser solicitante.

As prazas ofertadas que non sexan cubertas debido a renuncias serán, sempre que o tempo de tramitación o permita, ofertadas ós correspondentes reservas.

Artigo 52º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar á Consellería de Emigración calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo esta consellería dicta-la resolución que considere oportuna.

Capítulo II

Programa 8: vacacións para lembrar

Artigo 53º.-Obxecto.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como os nosos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vinculados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Cobertura sanitaria: os beneficiarios deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

Artigo 54º.-Finalidade das axudas.

A finalidade destas axudas é a seguinte:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola Consellería de Emigración ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que serán de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 55º.-beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter máis de 60 anos de idade. De presenta-la solicitude xunto co seu cónxuxe deberán ter cumpridos alomenos un deles os 60 anos.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado, nos últimos seis anos, en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo o contido das alíneas b), d), e) e f)

Artigo 56º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 8 desta orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da declaración da renda correspondente ó ano 2001. Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente. Esta documentación poderase presentar en sobre pechado e lacrado, se así o desexa o solicitante.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 8 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 55 alínea d) deste programa.

f) Se é o caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 57º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentación presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 2003.

Artigo 58º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día de remate do prazo á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) acompañada do certificado, segundo o modelo do anexo 8-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase estimando, na orde que segue, como preferente:

a) Non ter participado en edicións anteriores deste programa.

b) Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou que teña máis de 65 anos de idade.

3. A consellería resolverá a concesión, tendo en conta as preferencias sinaladas no punto anterior, en función de:

a) Situación económica, social e participativa no centro galego dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 59º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a dita consellería dicta-la resolución que considere oportuna.

Capítulo III

Programa 9: actividades de campamento

Rotas coñece Galicia

Artigo 60º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ó noso medio rural e desenvolvendo ó mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas, deportivas e de tempo libre.

2. Convócanse 400 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente na modalidade itinerante Coñece

Galicia en determinadas quendas quincenais nos meses de xullo e agosto. Os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Eijo Garay de Lugo, López Cuevillas de Ourense, Altamar de Vigo, Gandarío e Mariña Española da Coruña e Monte do Gozo en Santiago. Os participantes integraranse con mozos residentes en Galicia e noutras comunidades españolas.

3. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

4. Cobertura sanitaria: os beneficiarios deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

5. As prazas para participantes de América e Oceanía poderán incluír unha axuda completa de viaxe, ou ben unha subvención do cincuenta por cento do seu custo, de acordo coas cotas que para cada país se establezan por resolución da Consellería de Emigración.

6. Este programa poderá realizarse na modalidade de «en colaboración cos concellos» coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade, que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta consellería e os concellos galegos que a subscriban.

Artigo 61º.-Contido das achegas.

1. A consellería farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza, tendo en conta o disposto no artigo 60º.4.

2. Os concellos de Galicia poderán participar na realización do programa no caso de que este se faga na modalidade de «en colaboración cos concellos».

Artigo 62º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas as persoas que, residindo no exterior, cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, contados o 30 de xuño de 2003.

c) Non ter participado en edicións anteriores deste programa nin ter viaxado a Galicia nos últimos dez anos, para participar nas prazas que teñan axuda de viaxe.

Artigo 63º.-Documentación.

1. Os solicitantes de países americanos onde se constitúa a comisión avaliadora á que se fai refe

rencia no artigo 51º desta orde deberán presentar, inicialmente, antes do 31 de marzo de 2003, os seguintes documentos:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 9.

b) Fotocopia dos documentos oficiais acreditativos da orixe galega do solicitante.

c) Dúas fotografías tamaño carné.

d) Fotocopia do seu documento nacional de identidade ou do pasaporte, no caso de que xa os teñan expedidos.

e) Anexo 9-B no caso dos solicitantes residentes en América e Oceanía, indicando a quenda de preferencia para o seu regreso.

f) Tódolos participantes menores de idade presentarán o modelo anexo 9-B e cubrirán a autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

g) Os participantes menores de idade de Europa e América que desexen quedar coa súa familia en España ó remata-la actividade deberán encher, así mesmo, a autorización asinada polos pais ou titores legais, incluída no mesmo modelo anexo 9-B.

2. Os solicitantes preseleccionados pola comisión avaliadora á que se refire o 51º deberán presentar, na semana seguinte á exposición da acta de preseleccionados, os seguintes documentos:

a) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.

b) Se é o caso, fotocopia do documento necesario para unha posible asistencia sanitaria que exceda da establecida no convenio asinado coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para programas culturais e asistenciais destinados á Galicia exterior.

3. Os solicitantes de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora deberán presentar no seu centro toda a documentación indicada nas alíneas 1 e 2 deste artigo.

Artigo 64º.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente en cada caso, entregaranse nos centros galegos ata o 31 de marzo de 2003.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos» as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen tramitándose estas de acordo co sinalado no artigo 49º C) desta orde.

Artigo 65º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado indicará as prazas dispoñibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A consellería asignará as prazas que corresponderán, para cada tipo de axuda de viaxe, a cada unha das áreas xeográficas, e dentro da área de América a cada un dos países.

3. Os centros galegos comprobarán que as solitudes estean completas e correctamente cubertas, tramitándoas do seguinte xeito:

a) Os centros galegos de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora, enviaranas directamente á Consellería de Emigración.

b) Os centros galegos dos países americanos onde se constitúa comisión avaliadora farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión avaliadora que as sinaladas no artigo 49º, alíneas 1.1 a 1.6 desta orde.

4. A selección dos aspirantes farase valorando as seguintes circunstancias:

a) Grao de ascendencia galega.

b) Tempo sen visitar Galicia.

c) Situación económica da familia.

d) Grao de integración e participación na vida asociativa da comunidade por parte do solicitante e da súa familia.

e) Interese amosado polo participante no coñecemento da cultura e realidade galegas a través da súa participación en concursos culturais, traballos de investigación, cursos de distintas especialidades convocados por esta consellería para a Galicia exterior, etc.

Os centros galegos acompañarán as solicitudes co informe que, para valoración das circunstancias expresadas nas alíneas c), d) e e), establecerá por circular a Consellería de Emigración.

5. A consellería adxudicará directamente as prazas reservadas a España, Europa e demais países onde non exista comisión avaliadora, segundo as quendas e tramos de idade dispoñibles e polo número de solicitudes presentadas por centro.

6. A consellería comunicaralles ós centros coordinadores a adxudicación definitiva das prazas.

7. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade de campamento en particular.

8. Na modalidade de «en colaboración con concellos» a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta consellería.

Artigo 66º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración

efectúe as comprobacións que considere necesarias sobre as circunstancias dos solicitantes que teñan incidencia na concesión de praza para participar neste programa.

2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita consellería dicta-la resolución que considere oportuna.

Capítulo IV

Programa 10: cursos e seminarios

de especialización en Galicia

Artigo 67º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por unha banda, adestrar e perfecciona-los mozos en técnicas necesarias para mellora-la expresión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade e interpretación dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Pola outra, formar mozos maiores de 18 anos que poidan tanto dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, como fomentar e promociona-las actividades deportivas no seo das nosas comunidades.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 40 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso, o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Consellería de Emigración.

5. Nos cursos de técnicas de teatro, así como os de danza e música tradicional galega poderá participar nalgunhas fases desas modalidades o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Xunta de Galicia (IGAEM), baseándose para tal fin nas súas unidades de producción:

-Centro Dramático Galego.

-Ballet Galego Rey de Viana.

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e outros especialistas.

6. Os cursos de carácter deportivo teñen por finalidade a especialización de monitores, preparadores e adestradores dos equipos das seccións infantís e xuvenís nos deportes de máis implantación nos distintos centros e asociacións galegas. Poderá parti

cipar nalgunhas fases desta modalidade a Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

7. Cobertura sanitaria: os beneficiarios destes cursos e seminarios gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

Artigo 68º.-Modalidades dos cursos.

1. Curso en técnicas de teatro, que pode abarca-los contidos seguintes:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Reparto, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espacio sonoro.

d) Os estilos escénicos, producción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

e) Calquera outra técnica de representación teatral (construcción e posta en escena de marionetas e monicreques, etc., que poida ser de interese para os grupos das nosas comunidades).

2. O curso de técnicas deportivas atenderá á modalidade de fútbol abarcando os seguintes contidos:

a) Escolas de fútbol.

b) A preparación física.

c) Os principios de adestramento.

d) Técnica e táctica.

e) Psicoloxía e medicina no fútbol.

3. Curso de xestor de información xuvenil que pode abarca-los seguintes contidos:

a) Técnicas e recursos para a dinamización socio-cultural dos centros.

b) Oficinas de información xuvenil: creación e funcionamento.

c) Habilidades sociais.

d) Programas e liñas de actuación da Xunta de Galicia para a Galicia Exterior.

e) Introducción á cultura de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografia, institucións e sociedade.

A participación e o informe de aproveitamento do profesorado tanto nestes cursos de especialización en animación xuvenil como nos cursos realizados nos propios centros valoraranse especialmente para a realización de prácticas como monitores acompañantes de grupos de comunidades galegas integrados nas actividades de campamento en Galicia.

Para isto coordinaranse a Consellería de Emigración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores na campaña de verán.

4. Curso de técnicas de danza e baile folclórico galego, cos seguintes contidos:

-Técnicas de danza clásica e de carácter: aplicación ó folclore galego.

-Colocación e movemento corporal. Música, ritmo e mimo.

-Escenario e vestiario.

-Técnica dos puntos: danzas e coreografías galegas. Percusión.

5. Curso de música tradicional galega, co seguinte contido, a nivel medio:

-A gaita galega, principios xerais. Afinación do roncón e do punteiro.

-Interpretación de muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

6. Curso de confección de compoñentes da gaita, cos seguintes contidos:

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas necesarias para a construcción de palletas e pallóns. Modos de fabricación.

-Afinado do roncón e do punteiro.

7. Especialización en técnicas de percusión; especialidade de pandeireta e canto, cos seguintes contidos:

-Visión global do canto e da percusión en Galicia.

-As distintas maneiras de tocar e canta-lo ritmo da muiñeira, da xota e do valse.

-Os distintos xeitos de tocar agarrados.

-Presentación doutros tipos de percusión relacionándoos co canto.

Artigo 69º.-Contido das achegas.

A Consellería de Emigración farase cargo do custo da viaxe dos participantes procedentes de fóra de península, resto de Europa e América, de ida e volta, desde os lugares de partida fixados pola consellería ata os aeroportos de Galicia.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de música, teatro e danza tradicional galega, farase cargo de proporciona-las instalacións e da selección e dotación do profesorado.

A Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, no caso do curso de técnicas deportivas, poderá facerse cargo da achega do profesorado e das instalacións necesarias para a súa realización de acordo co convenio que se asine.

O resto das achegas necesarias para poñer en funcionamento os cursos poderán ser a cargo da con

sellería, sempre tendo en conta os acordos entre as diferentes entidades e organismos colaboradores.

Artigo 70º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó face-la preselección que figurará na súa solicitude, deberán valora-los seguintes criterios nos aspirantes:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil, teatral, folclórico ou deportivo desa entidade.

e) Para os cursos de folclore valorarase a participación noutros cursos desenvolvidos nos países de residencia ó amparo dos correspondentes programas da consellería.

f) Para os cursos de xestor de información xuvenil será requisito imprescindible ter participado en cursos anteriores de animación xuvenil realizados no lugar de residencia ou de especialización nesta materia, ou ter participado como monitor acompañante no programa de actividades de campamento en Galicia, ademais de traballar activamente en programas de dinamización nos seus centros.

3. Terán preferencia para asistir ós cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil, teatro, folclore ou deporte.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas en cada unha das modalidades.

Artigo 71º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicita-la participación nestes cursos será:

a) Solicitude-proposta do centro, segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 10 desta orde, totalmente cuberta en tódolos seus puntos. Para cada modalidade de curso na que se desexe presentar participantes, deberase cubrir unha solicitude-proposta. Se o centro presentase solicitudes para participar en varias modalidades, deberá indicarse en cada unha delas no lugar establecido para o efecto, a orde de preferencia na adxudicación das distintas modalidades de curso.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do pasaporte e breve currículum de cada aspirante con referencia especial ós coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do curso.

c) Dúas fotografías tamaño carné de cada aspirante.

Artigo 72º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida directamente á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes-propostas, por necesidades extraordinarias de programación, rematará o 15 de marzo de 2003.

Artigo 73º.-Tramitación e resolución; seguimento.

1. A Consellería de Emigración notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a consellería comunicará a concesión de participación no curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

TÍTULO III

Programas de apoio á actividade cultural

e deportiva das entidades galegas

Capítulo I

Programa 11: achega de fondos bibliográficos

Artigo 74º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán na adquisición e envío de material desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico dos centros solicitantes.

Artigo 75º.-Contido das dotacións.

A Consellería de Emigración poderá concede-la totalidade ou parte do material bibliográfico solicitado, facéndose cargo da adquisición del, que non poderá ter, en ningún caso, un valor superior a 600 euros, e do custo do envío ó centro galego.

Artigo 76º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 77º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 11.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.) ou indicación das áreas ou temas de interese para o centro.

Artigo 78º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos solicitantes enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 79º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración notificará a recepción das solicitudes ós centros.

2. A consellería resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Dispoñibilidade orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A consellería, no seu momento, comunicará ós centros a adxudicación da dotación e procederá ó envío de material.

Artigo 80º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración coide necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Capítulo II

Programa 12: achega de material deportivo

cos símbolos de Galicia

Artigo 81º.-Obxecto e características.

Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

Artigo 82º.-Contido das dotacións.

A consellería poderá conceder, na súa totalidade ou en parte, o material deportivo solicitado, facéndose cargo da adquisición e do envío ó centro galego solicitante.

Artigo 83º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este programa de dotación as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador e que teñan equipos deportivos creados no seu seo.

Artigo 84º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo do anexo 12 debidamente cuberta en tódolos seus puntos.

Artigo 85º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 86º.-Tramitación e resolución.

l. A Consellería de Emigración notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A consellería resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Dispoñibilidade orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes, especialidades practicadas e número de compoñentes dos equipos.

Artigo 87º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración considere necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

TÍTULO IV

Disposicións comúns para os distintos programas

previstos nesta orde

Artigo 88º.-Competencia para a resolución dos programas.

Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas e para unha maior operatividade e eficacia delégase no Director xeral de Emigración da Consellería de Emigración a concesión dos cursos, actuacións e prazas correspondentes ós distintos programas que se convocan por esta orde.

Artigo 89º.-Prazo de resolución e recursos.

O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcurrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 90º.-Xustificación da non concurrencia de axudas.

Naqueles programas nos que puidera producirse concurrencia de axudas de distintas administracións públicas para o seu financiamento ou realización, será necesario presentar, xunto coa solicitude inicial do programa, declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma actividade ou programa para o que se solicita a axuda ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Previamente o último pagamento da axuda concedida, se é o caso, para a realización destes programas, o beneficiario deberá aportar declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a citada actividade -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Disposicións adicionais

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados nesta orde mediante resolución.

Segunda.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas regulados nesta orde realizaranse con cargo á partida orzamentaria 17.01.213-A.226-07 (actuacións derivadas da Lei da galeguidade). O crédito incialmente outorgado para estas finalidades é de 1.400.000 euros sen prexuízo das modificacións que legalmente poidan efectuarse ó longo do exercicio.

As resolucións de concesión derivadas da execución dos distintos programas estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2003.

Terceira.-As entidades beneficiarias dos cursos ou actuacións previstas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen por calquera medio con motivo da realización da acción concedida.

Disposicións finais

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Aurelio D. Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA