Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-29/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de inspeccións e sanción, da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 28 de xaneiro de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nº E.S. OU-29/2002.

Responsable: Herlofi, Promociones y Export., S.L.

Dirección: r/ A Balorca, nº 3, 2º B. 32300 O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia durante a execución das obras da vivenda 3ºE situada no inmoble da avda. A Rúa, nº 2 da devandita localidade, dando lugar a vicios ou defectos manifestados no período dos cinco anos seguintes á data de expedición da cédula de cualificación definitiva.

Infracción: moi grave (art. 6.1º e da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.500 euros.