Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 19 de setembro de 2003, sobre refundición de categorías no anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, artigo 2 e), e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación da secretaria da comisión paritaria do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na xuntanza do 19 de setembro de 2003, de refundir no anexo II do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, a categoría 26 do grupo III coa categoría 17 do grupo III.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

A comisión paritaria do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 19 de setembro de 2003 (acta 6/2003) adoptou o acordo de refundir no anexo II do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia a categoría 26 do grupo III coa categoria 17 do grupo III, coa denominación:

GrupoCategoría nºCategoría-denominación

III17Analista de laboratorio