Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 1 de xuño de 2011 Páx. 12799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 18 de abril de 2011, da Xefatura Territoial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa da planta de biomasa no Polígono de Teixeiro, concello de Curtis (expediente IN408A 25/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), sobre autorizacion de instalacións de enerxía eléctrica. Decreto 149/2008, do 26 de xuño, polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica, a partir da valorización enerxética da biomasa forestal primaria na Cominidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Renova Generación de Energías Renovables, S.L.

Enderezo social: Sor Joaquina, 4, baixo esquerda. 15011 A Coruña.

Denominación: planta de biomasa polígono de Teixeiro.

Situación: concello de Curtis (Teixeiro).

Características técnicas:

Planta de biomasa forestal, baseada nunha caldeira de combustión de estelas de biomasa, con sistema de grella e achega máxima do 10% de gas natural.

Obra civil consistente na urbanización da parcela, construción de naves de acopio, silo e edificio principal que acollerá a caldeira e o ciclo de vapor, coas correspondentes vías de acceso ás naves e ao silo do almacén. Dotación de servizos de auga, subministración eléctrica e contra incendios.

A caldeira estará composta polo sistema de almacenamento e alimentación da biomasa, fogar e sistema de combustión de grella, sistema de recuperación de calor acuotubular, bombas de alimentación, tanques de purga, sistema de aire de combustión, cheminea e filtros.

Acometida interior de gas natural, líñas de distribución e estación de regulación e medida.

Turbogrupo de vapor e condensación multietapa, con tres extraccións de vapor e conectado cun alternador síncrono cunha potencia nominal 11,5 MWe, factor de potencia 0,8 e tensión 11 kV. Condensador de vapor a 0,08 bar(a) e sistema de baleiro.

Desgasificador e tanque de alimentación a caldeira.

Prequentador de alta presión para prequecemento da auga procedente do desgasificador. Prequentador de baixa presión para o prequecemento do condensado da turbina ao desgasificador.

Sistema de refrixeración composto por dous sistemas primarios (principal e aberto) e un secundario (circuíto pechado), con torre de refrixeración con fluxo a contracorrente e potencia térmica para disipar de 22.000 kW.

Subestación transformadora equipada con transformador de 12,5 MVA e relación de transformación 11/66 kV, celas de media tensión 11 kV, transformador de servizos auxiliares de 1.000 kVA, transformador de servizos de parque de biomasa de 400 kVA e relación 11/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol. Grupo electróxeno de 350 kVA a 0,4 kV, para alimentación de servizos esenciales da planta de biomasa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de abril de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009 (DOG. n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial