Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 13004

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 13 de maio de 2011 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 15 de marzo de 2011.

Pola Orde do 15 de marzo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 53, do 16 de marzo de 2011, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En consecuencia, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública efectuada por orde desta consellería do 13 de maio de 2011 e designar o/a funcionario/a cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

NRP.: 3592413157 A2052.

Grupo: A2.

Apelidos e nome: Lorenzo Fernández, Fernando.

Posto de traballo: Xefatura Área Técnica.

Nivel: 26.

Código posto: PR.C99.10.000.36001.175.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.