Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. rúa Orquídea-esquina rúa Mirtos.
Situación: concello de Carballo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,222 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1x240) mm² Al, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. CBL-707A, tramo entre C.T. Hospital Monte Facal (expediente 26.890) e o C.T. Mirtos (expediente IN407A 2007/88) e final en cela de liña existente no C.T. rúa Mirtos, realizando entrada e saída no C.T. proxectado.
Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15/0,400-0,230 kV. Concello de Carballo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 31 de maio de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña