Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 16952

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2011 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) no terceiro cuadrimestre de 2010 e primeiro de 2011.

O artigo 11 da Lei 42006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2010, así como nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2011, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2011.

P.D. (Acordo do 1 de xuño de 2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)
Francisco Javier Álvarez Barbeito
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data
de sinatura

Importe (€)

2010

2011

2012

2013

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Comercio Exterior (Icex) e diversas axencias de desenvolvemento rexional para o desenvolvemento dun plan de promoción de produtos agroalimentarios en India.

30.4.2010

10.909,00

Convenio de cooperación educativa entre o Igape e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas do Máster en Xestión e Dirección Financeira de Empresas.

13.10.2010

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +).

20.9.2010

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) para apoiar os investimentos das empresas.

20.10.2010

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e asociacións de empresarios de orixe galega no exterior (A Rede) para o desenvolvemento de diversas accións de promoción e desenvolvemento da Rede.

26.10.2010

371.609,00

530.639,00

572.884,00

609.090,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) para o apoio ás iniciativas de dinamización, innovación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e internacionalización do sector audiovisual galego do trienio 2010-2012.

3.11.2010

106.800,50

81.057,82

54.235,75

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe) para o fomento da competitividade dos xoves emprendedores galegos.

5.11.2010

110.000,00

110.000,00

Convenio de apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e diversas entidades financeiras.

11.11.2010

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a rede de plataformas empresariais no exterior e o servizo de licitacións internacionais.

27.10.2010

504.874,68

4.295.485,08

6.398.768,73

6.725.857,57

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación dunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais a realizar polas pemes galegas.

30.11.2010

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGA-CAT) para a promoción en Cataluña da colectividade galega e a preparación e acto de entrega de títulos da excelencia nas súas distintas modalidades.

23.12.2010

30.000,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación CEAGA para a posta en marcha no ano 2010 do plan estratéxico do sector de automoción en Galicia (PESA).

27.12.2010

1.161.814,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Pontevedra para o fomento da internacionalización nas pemes.

29.12.2010

118.900,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Porto de Vigo para a potenciación do sector loxístico e o desenvolvemento do porto de Vigo como motor da economía local.

30.12.2010

62.500,00

75.000,00

87.500,00

Addenda ao acordo de colaboración, asinado o 20 de outubro de 2010, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) para apoiar os investimentos das empresas.

30.12.2010

Sen achega económica

Addenda ao convenio de apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e diversas entidades financeiras.

20.1.2011

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva.

31.1.2011

Sen achega económica

Convenio de colaboración para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras (Re-invirte Ferrol).

7.2.2011

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a tramitación do programa de apoio ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve +).

7.2.2011

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia ao ente público Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

22.2.2011

18.000,00

Convenio específico de colaboración entre o Igape e a Fundación EOI para o desenvolvemento dun programa de formación en internacionalización de pemes.

4.4.2011

36.816,00