Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21044

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de xullo de 2011 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

O artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, establece que o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

O artigo 14.2.6 do mesmo texto legal atribúe ao/á conselleiro/a competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de traslados.

O Acordo para a ordenación e mellora da prestación dos servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2008, adiou a convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as do corpo facultativo superior, escala de veterinarios, ata a aprobación das relacións de postos de traballo que incorporen os acordos acadados.

Por razóns organizativas, o Acordo do Consello da Xunta do 21 de xullo de 2011 (DOG do 22 de xullo), polo que se aproban as relacións de postos de traballo reservados a funcionarios/as da escala de veterinarios, creada pola Lei 12/1992, do 9 de novembro, difire a súa entrada en vigor ata o día seguinte ao da publicación da orde pola que se abra o prazo posesorio das prazas adxudicadas en virtude da resolución definitiva do concurso para a provisión de postos de traballo da dita escala.

Existindo nas ditas relacións postos vacantes dotados orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, esta consellería, en uso das competencias que ten atribuídas, logo de negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal, resolve convocar concurso de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes que se especifican no anexo I desta orde, de conformidade coas seguintes

BASES:

I. Requisitos para a participación.

1. Poderán participar neste concurso:

a) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios ou análoga doutras administracións públicas, unha vez transcorridos dous anos desde que accedesen ao posto que veñan desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá permanencia.

b) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios ou análoga doutras administracións públicas, en situación de excedencia voluntaria por interese particular, unha vez transcorrido o período mínimo de permanencia nesta situación.

c) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios ou análoga doutras administracións Públicas en situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.

d) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios ou análoga doutras administracións públicas, en situación de excedencia por violencia de xénero.

2. Están obrigados a participar neste concurso:

a) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, reingresados con carácter provisional desde a situación de excedencia; deben solicitar todos os postos ofertados na localidade en que estivesen adscritos/as provisionalmente (artigo 61.3 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

b) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, que se encontren á disposición do conselleiro ou adscritos/as provisionalmente por remoción dun posto de libre designación; deben solicitar, á súa elección, todos os postos que se oferten na última localidade en que ocupasen posto con carácter definitivo, ou ben todos os postos que se oferten na localidade onde estivesen á disposición ou adscritos/as provisionalmente (artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

c) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, que se encontren á disposición do/a conselleiro/a ou adscritos/as provisionalmente por alteración do contido ou supresión do posto que ocupaban con carácter definitivo; deben solicitar, á súa elección, todos os postos que se oferten na última localidade en que ocupasen posto con carácter definitivo, ou ben todos os postos que se oferten na localidade onde estivesen á disposición ou adscritos/s a provisionalmente (artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

O incumprimento da obriga de participar nos termos establecidos nas alíneas a), b) e c) determinará a declaración na situación de excedencia voluntaria por interese particular (artigo 61.4 e 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008).

3. Non poderán participar neste concurso:

a) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, nomeados como consecuencia da resolución dos procesos selectivos convocados pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 29 de decembro de 2004 (DOG número 253, do 30 de decembro), calquera que sexa a situación administrativa en que se encontren.

b) Os/as funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios ou análoga doutras administracións públicas, suspensos en firme, mentres dure a suspensión.

II. Postos ofertados.

1. Os/as interesados/as poderán solicitar os postos relacionados no anexo I por orde de preferencia.

2. Así mesmo, os/as funcionarios que o desexen poderán solicitar os postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución deste concurso, especificando a súa preferencia de acordo cos seguintes datos:

a) Localidade. Poderán solicitar, como máximo, dúas localidades por orde de preferencia.

b) Nivel do posto de traballo ao cal opte. Especificarase o nivel mínimo que se solicita.

c) Consellería por orde de preferencia.

Os postos resultantes adxudicaranse de acordo coas puntuacións obtidas en aplicación do baremo que rexe neste concurso.

3. Os/as funcionarios/as doutras administracións públicas só poderán solicitar os postos a que teñan acceso segundo as relacións de postos de traballo.

4. Os/as interesados/as en participar na convocatoria deberán posuír os requisitos especificados no anexo I desta orde para desempeñar a vacante á cal pretenden acceder.

III. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

1. Antigüidade (servizos prestados nas administracións públicas):

Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como funcionario/a de carreira: 0,15 puntos.

A puntuación máxima na base III.1 será de 5,5 puntos.

Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

Os méritos que se especifiquen para cada posto de traballo no anexo I desta orde valoraranse da seguinte forma:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se especifique: 0,20 puntos.

b) Por posuír os coñecementos que se especifiquen, acreditados mediante a asistencia a cursos:

– Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto.

De non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles organizados e impartidos directamente polos organismos relacionados na base III.5.

Non se valorará a asistencia a cursos se non se acreditan as horas de duración nin as asistencias a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

A puntuación máxima na base III.2 será de 3 puntos.

3. Grao persoal consolidado.

Polo nivel 20 de grao consolidado: 2 puntos.

Por cada unidade de nivel que exceda o 20: 0,20 puntos.

A puntuación máxima na base III.3 será de 4 puntos.

No suposto en que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 20 computarase, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis da escala de veterinarios.

4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido desde o último posto obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

4.1. Traballo desenvolvido:

4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a de carreira.

4.1.2. A valoración efectuarase consonte os seguintes criterios:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,40 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado ata dous niveis: 0,30 puntos.

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ao desempeñado: 0,20 puntos.

4.1.3. O traballo desenvolvido en comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/a funcionario/a.

4.2. Tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:

4.2.1. Polo tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios ou análoga doutras administracións públicas, outorgaranse 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

4.2.2. Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

4.3. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

4.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde teña o seu destino definitivo como empregado público o seu cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino definitivo nesa localidade. Esta circunstancia xustificarase achegando xunto coa solicitude de participación no concurso os documentos que se relacionan na base IV.4.

4.3.2. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes aos/ás funcionarios/as que estean gozando ou gozasen nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes dunha excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia, de ser o/a participante funcionario/a da Administración da Xunta de Galicia, apreciarase de oficio.

A puntuación da alínea 4.3.2 non poderá superar os 0,6 puntos.

A puntuación máxima da base III.4 será de 5,5 puntos.

5. Cursos de formación e perfeccionamento e titulación académica.

5.1. Cursos de formación.

5.1.1. Valoraranse a asistencia aos cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Escola Galega de Seguridade Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, Servizo de Docencia da Consellería de Sanidade, Escola Nacional de Sanidad, e escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidades, consellerías e ministerios competentes en materia de gandaría, pesca e saúde pública, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, así como os cursos impartidos no marco do Acordo de Formación Continua das Administracións Públicas (AFCAP) sobre as seguintes materias:

a) Procedemento administrativo.

b) Seguridade e saúde laboral

c) Informática: internet, correo electrónico, procesador de textos, folla de cálculo, bases de datos.

d) Control oficial e tecnoloxía da produción en calquera fase da cadea alimentaria: controis e tecnoloxía en materia de pensos, alimentos, sanidade e benestar dos animais.

e) Conservación da natureza e calidade e avaliación ambiental.

Así mesmo, puntuaranse os cursos dos idiomas oficiais da Unión Europea, organizados e impartidos directamente polos organismos anteriormente indicados ou polas escolas oficiais de idiomas. A puntuación máxima por coñecemento de idiomas será de 1,5 puntos.

Os cursos valoraranse conforme os seguinte criterios:

– Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto.

Non se valorarán os cursos en que non se acrediten as horas de duración nin as asistencias a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

Non se puntuarán na base III.5.1 os cursos valorados na base III.2.

A puntuación máxima da base III.5.1 será de 3 puntos.

5.2. Titulación académica.

– Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente: 0,80 puntos.

– Título de doutor: 1 punto.

A puntuación máxima da base III.5.2. será de 1 punto.

Valorarase unha soa titulación académica, sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso ao corpo desde o cal se concurse, e sexa de igual ou superior nivel académico.

Para os efectos de equivalencia de titulación, só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación con carácter xeral e válidas para todos os efectos, sempre que se indique expresamente a disposición en que se establece a equivalencia e o BOE en que se publica.

A puntuación máxima da base III.5 será de 4 puntos.

6. Grao de coñecemento do idioma galego

a) Curso de Celga 3 ou equivalente: 0,75 puntos.

b) Curso de Celga 4 ou equivalente: 1,50 puntos.

c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, cicls superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 2,25 puntos.

d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

A puntuación máxima da base III.6 será de 3 puntos.

7. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos recollidos na base III se computarán ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

En caso de empate nas puntuacións, acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nos diferentes puntos desta base.

De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2011 (DOG n.º 25, do 7 de febreiro). En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

8. A puntuación mínima para poder adxudicar os postos que se ofertan nesta convocatoria é a que para cada un deles se especifica no anexo I.

IV. Solicitudes de participación e documentación que debe acompañala.

1. As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda. O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen participar no concurso na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es). Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

A solicitude deberá presentarse desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 6 de setembro de 2011, nos rexistros xerais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Os/as funcionarios/as doutras administracións deberán achegar, xunto coa súa solicitude de participación:

a) Certificación emitida pola Administración de pertenza que acredite a situación administrativa desde a cal participan.

b) Copia compulsada do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG n.º 146, do 30 de xullo).

3. Os/as funcionarios/as con algunha discapacidade poderán pedir na súa solicitude a adaptación do posto ou postos de traballo solicitados. Á solicitude deberase xuntar un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuído o posto ou os postos solicitados (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).

4. Para os efectos previstos na base III.4.3.1, os/as funcionarios/as que non teñan destino definitivo na mesma localidade que o seu cónxuxe ou parella de feito e que soliciten postos situados nesta última, deberán achegar xunto coa solicitude de participación:

a) Certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito.

b) Certificado expedido polo/a xefe/a de persoal do centro directivo onde o cónxuxe ou parella de feito preste servizos, no cal conste que este/a é empregado/a público/a, o posto que ocupa con carácter definitivo e a localidade onde o posto radique (anexo II).

5. No suposto de estar interesados/as nos postos dunha mesma localidade que se anuncian neste concurso dous/dúas funcionarios/as, poderán condicionar a súa petición por razóns de convivencia familiar ao feito de que ambos/as os/as dous/dúas obteñan destino neste concurso e na mesma localidade, entendéndose en caso contrario anuladas as peticións efectuadas por ambos/as os/as dous/dúas. Os concursantes que se acollan a esta petición condicional deberán facelo constar na súa solicitude e xuntar unha fotocopia da petición do/a outro/a.

6. As solicitudes vincularán aos solicitantes unha vez finalizado o prazo da súa presentación. Aceptaranse renuncias á participación no concurso ata o décimo día seguinte, este incluído, ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez transcorrido o dito prazo, non se admitirá ningunha renuncia á participación agás erro manifesto do solicitante apreciado pola Administración.

7. Toda o proceso correspondente a este concurso poderá consultarse a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es/).

V. Xustificación da posesión de méritos e requisitos.

1. Os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

2. O procedemento para a xustificación dos méritos e requisitos será o seguinte:

2.1. Funcionarios con destino definitivo na Xunta de Galicia:

A Dirección Xeral da Función Pública remitiralles aos/ participantes no concurso de traslados unha clave para consultar os datos que figuran no seu expediente no Rexistro Central de Persoal (RCP). Este envío efectuarase ao teléfono móbil ou correo electrónico sinalado polo interesado/a na solicitude de participación no concurso.

Se, chegado o día 12 de setembro de 2011, algún/ha interesado/a non recibiu a clave, a partir do día seguinte poderá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública mediante fax, solicitando o seu envío, con indicación do número do teléfono móbil ou enderezo de correo electrónico.

Do 15 de setembro ata o 7 de outubro de 2011 actuarán do seguinte xeito:

No suposto de estar conforme cos datos consultados, o/a interesado/a validaraos, asinando o impreso de conformidade que encontrará na páxina web sinalada, e remitiraos á Dirección Xeral da Función Pública.

No suposto de desconformidade con algún dos datos por que se considere que son erróneos ou están incompletos, o interesado deberá formalizar o impreso de emenda que encontrará na paxina web. Este documento deberá ser presentado nas unidades que a seguir se relacionan:

– Servizos centrais: secretario/a xeral, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionario/a responsables da área de persoal das xefaturas territoriais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

O interesado xuntará a documentación xustificativa das modificacións que propón para que as unidades sinaladas emitan certificación segundo o modelo que estableza a Dirección Xeral da Función Pública, validando, de consideralo procedente, as correccións realizadas.

O prazo para expedir esta certificación será do 15 de setembro ata o 21 de outubro de 2011.

Unha vez expedida a certificación, o interesado deberá asinala e remitila á Dirección Xeral da Función Pública. No caso de que a certificación non se emitise en prazo por causas alleas ao/á concursante, este/a presentará xustificación documental de tela solicitado oportunamente. A certificación, ou a xustificación de tela solicitado, deberá presentarse ata o día 28 de outubro de 2011.

2.2. Funcionarios doutras administracións públicas:

A Dirección Xeral da Función Pública remitiralles aos participantes no concurso de traslados, ao teléfono móbil ou correo electrónico sinalado na solicitude de participación, unha clave para poder ter acceso á xeración do seu impreso de emenda.

Se, chegado o día 12 de setembro de 2011, algún/ha interesado/a non recibiu a clave, a partir do día seguinte poderá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública mediante fax solicitando o seu envío, con indicación do número do teléfono móbil ou enderezo do correo electrónico.

Do 15 de setembro ao 7 de outubro de 2011 actuarán do seguinte xeito:

Os participantes deberán acceder á páxina web www.xunta.es e cubrir o impreso de emenda cos seus datos persoais e administrativos.

Este impreso, que deberá reflectir todos os méritos e requisitos específicos de acceso que o concursante pretenda facer valer, remitirase á Dirección Xeral da Función Pública xunto cos documentos acreditativos debidamente compulsados.

A Dirección Xeral da Función Pública, desde o 15 de setembro ata o 21 de outubro de 2011, validará aqueles méritos que estean debidamente acreditados e remitiralle ao interesado a certificación.

O participante no concurso deberá asinar e remitir a certificación orixinal á Dirección Xeral da Función Pública. No caso de que a certificación non se emita en prazo por causas alleas ao/á concursante, este/a presentará xustificación documental de tela solicitado oportunamente. A certificación, ou a xustificación de tela solicitado, deberá presentarse ata o día 28 de outubro de 2011.

2.3. Os datos reflectidos no impreso de conformidade ou na certificación serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso para a adxudicación dos postos de traballo solicitados. Calquera dato omitido ou consignado erroneamente polo/a interesado/a non poderá ser invocado por este/a para os efectos de futuras reclamacións, nin considerar por tal motivo lesionados os seus intereses e/ou dereitos.

2.4. Calquera impreso de conformidade ou certificación que non reúna os requisitos ou que fose enviado polo/a interesado/a fóra do prazo establecido, terase por non presentada, agás no suposto establecido no último parágrafo dos puntos 2.1 e 2.2.

VI. Listaxe de admitidos e excluídos

1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Función Pública ditará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de admitidos e excluídos con indicación do lugar en que estarán á disposición dos/as interesados/as.

2. Os excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da dita consellería, ou nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

VII. Comisión de valoración.

1. A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, coa composición establecida nel. Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e será nomeada polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

2. Poderá nomearse máis dunha comisión de valoración cando for necesario polo número de solicitantes.

Neste suposto corresponderalle á comisión de valoración número un resolver cantas consultas, interpretacións, criterios de valoración e de unificación se poidan presentar nas comisións sobre as normas que rexen o concurso, así como a coordinación das restantes comisións e recibir os expedientes destas relativos ás correspondentes valoracións do concurso, e elevar a proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

3. A/as comisión/s poderá/n dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores para aquelas tarefas que o requiran. A proposta de designación destes faraa a comisión número un, e o órgano convocante procederá ao seu nomeamento.

4. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá, en todo caso, sobre o concursante que obtivese maior puntuación conforme o baremo establecido na base III, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base III.7.

5. Unha vez efectuada a proposta de valoración provisional dos méritos, farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra a dita resolución os/as concursantes poderán formular as oportunas reclamacións no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación.

As reclamacións dirixiranse a Dirección Xeral da Función Pública e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais, nas oficinas comarcais da dita consellería ou nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O formulario de reclamación estará á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

6. Examinadas e resoltas pola/s comisión/s as reclamacións presentadas, elevarase proposta definitiva de resolución do concurso á conselleira de Facenda.

A convocatoria resolverase por orde da conselleira de Facenda, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos entenderanse implícitas na dita orde.

VIII. Adxudicación de destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados; estarán obrigados a comunicar por escrito a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo de tres días.

2. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

IX. Toma de posesión.

A toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da realización deste concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na orde de resolución deste, desde a cal se iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 24 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

X. Recursos.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta mesma consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file