Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Narón e Ferrol (expediente IN407A 2011/170).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S., C.S. urbanización O Boial-Beleicón.

Situación: concellos de Narón e Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, condutor tipo RHZ1, lonxitude de 5.155 m, coa súa orixe na cela de liña existente na subestación de Cornido (expediente 25862), e final no C.T. Pallota (expediente 11726) realizando entrada e saída nos C.T. e no C.S. O Boial proxectados.

Centros de transformación prefabricados, números 1, 2, 4, 7, 8, 9, cunha potencia de 630 kVA cada un, e relación de transformación respectiva de 15.000/400-230 V.

Centros de transformación prefabricados, números 3, 5, 6, cunha potencia de 400 kVA cada un, e relación de transformación respectiva de 15.000/400-230 V.

Centro de seccionamento prefabricado 6L Uniblock. Concellos de Narón e Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de xuño de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña