Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 5 de agosto de 2011 Páx. 22564

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de xullo de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a de área funcional.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia n.º 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a de área funcional.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Pontevedra, 1 de xullo de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra