Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 17 de agosto de 2011 Páx. 23300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda someter á participación do público o borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia declárase como tal o día 2 de xullo de 2002, a través da Lei 15/2002 (modificada polo artigo 121 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social), que establece no seu artigo 9 que o instrumento para a planificación da xestión do parque é o Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX).

A Lei 5/2007, do 3 de abril, da rede de parques nacionais, atribúe ás comunidades autónomas a xestión e organización dos parques nacionais en cuxo territorio se encontren situados, polo que, en función do Real decreto 1082/2008, do 30 de xuño, sobre ampliación das funcións e servizos da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, Galicia asume a administración e xestión ordinaria e habitual do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e correspóndelle a aprobación e execución do seu Plan Reitor de Uso e Xestión.

Conforme o establecido no artigo 16.1 a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente,

ACORDO:

Abrir o período de participación do público ao Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, coa finalidade de que todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados por este plan poidán remitir observacións e opinións mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Médio Rural, San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela.

O borrador do plan permanecerá exposto nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza, San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Eduardo Cabello s/n, edifício Cetmar, Bouzas, 36208 Vigo.

Así mesmo, poderase consultar o texto do plan na páxina web da Consellería do Medio Rural:

http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2011.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza