Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2011/133).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. C.T.C. avenida da Constitución II.

Situación: concello de Boiro.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,12 km, con orixe nos empalmes proxectados na L.M.T.S. BOI-803, tramo entre o C.T. edificio Future (expediente 644/07) e o C.T. Cimadevila (expediente 23/05), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e final no C.T.C. avda. da Constitución II proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de xullo de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña