Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de agosto de 2011 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/98/2010, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 8 de xullo de 2011, ditou resolución pola que se declara que as obras consistentes na construción dunha piscina no Paseo da Praia s/n, no barrio de Outeiro das Penas-Cesantes, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución a Paula Amoedo Cabaleiro, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que lle pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se no exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no art. 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2011.

P.S.
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística